INFRAESTRUTURAS
Noia mellora o saneamento e o firme das rúas Brasil e Lorenzo de Armada
Os traballos serán executados polos operarios da Brigada Municipal

Mellora de rúas no casco urbano de Noia. / Cedida
O Concello de Noia iniciará mañá as obras de saneamento e renovación do firme nas rúas Brasil e Lorenzo de Armada, unha actuación clave para mellorar as infraestruturas urbanas da zona.
Aínda que xa se levaron a cabo traballos previos de preparación, será a partir de mañá cando comecen as actuacións de apertura, "marcando o inicio efectivo dunha intervención moi demandada pola veciñanza", subliñan dende o goberno local.
Optimizar recursos
O executivo aposta pola xestión directa das obras a través da Brigada Municipal, co obxectivo de optimizar os recursos públicos e garantir unha execución de calidade.
Esta nova actuación ponse en marcha tras a finalización dos traballos realizados pola brigada na Albariza e no Campo da Feira, reforzando así a continuidade da planificación municipal.
O proxecto permitirá implantar un sistema de saneamento separativo, co fin de evitar a sobrecarga dos bombeos, especialmente durante os episodios de choiva. Esta mellora contribuirá a un funcionamento máis eficiente da rede e a unha maior sustentabilidade do sistema.
Actuacións por tramos
Ademais, levarase a cabo unha renovación do firme, co fin de garantir unha maior seguridade viaria e comodidade tanto para peóns como para vehículos. As obras desenvolveranse por tramos, unha planificación que busca minimizar o impacto na actividade comercial e na vida diaria da zona.
Con esta actuación, "o Concello reafirma o seu compromiso coa mellora continua dos servizos públicos e das infraestruturas municipais", subliñan dende o goberno local.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Val do Dubra despide a la exconcejala Celsa Oreiro tras su fallecimiento y decreta dos días de luto
- Cuando Galicia estuvo en el epicentro del debate nuclear: medio siglo de la autorización para una central en la costa de Lugo que nunca llegó a levantarse
- Del sobrino de Pondal a una tía de Rajoy: el CSIC recupera la ciencia gallega depurada por el franquismo
- Las fiestas del Cruceiro da Coruña en Santiago ya tienen fecha: cuatro días de verbenas, pasacalles y tradición