FESTIVAL
O Pampallín enche Outes de música, circo e ambiente festivo
Centos de mozas e mozos gozaron dunha exitosa festa

Concerto de Unto Vello no Pampallín de Outes. / Cedida
Centos de mozos e mozas gozaron en Outes da vixésimo sexta edición do festival Pampallín, que encheu a Praza de Galicia.
A música foi a gran protagonista dunha cita consolidada, que xuntou na capital outiense artistas de primeiro nivel, como Unto Vello, Broken Peach, 9Louro e o Grupo Cayenna. A velada complementouse co espectáculo Circo de lume, a cargo de Asacocirco.

A mocidade encheu a Praza de Galicia de Outes. / Cedida
Non faltou tampouco á cita unha polbeira para complementar gastronomicamente a festa.
A celebración incluíu o Pampallín miúdo, no que os máis pequenos puideron gozar de inchables, xogos tradicionais e espectáculos circenses, ademais da música urbana con Kid Mount.

Unha das actuacións no festival Pampallín de Outes. / Cedida
Unha cita festiva que contou co apoio da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e do Concello de Outes, ademais de diversas entidades colaboradoras, como Protección Civil, Adisbismur, Asociación A Riola de Outes, Asociación de Veciños Pontenafonso e a ADC Esteirana de Carrilanas.
'Festa rachada' con Irene Miranda
Ademais, Outes acolleu a estrea teatral da obra Festa rachada, unha obra escrita, montada e dirixida pola actriz local Irene Miranda.
O alcalde, Francisco Calo, asegurou que "foi un éxito total, e estamos moi orgullosos de que unha moza de Outes esté a triunfar co Centro Dramático Galego, e que se acorde da súa terra".
Calo subliñou tamén a "aposta que vén facendo o Concello pola cultura, e especialmente polo teatro". Lembra que recentemente formalizaron a integración na rede cultural do Agadic para "poder traer a Outes unha oferta de maior calidade".
Teatro
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- La infracción de tráfico más repetida en Santiago deja más de 600 denuncias en solo un año
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- El delegado del Gobierno sobre la transferencia de la AP-9 a Galicia: 'Creo que seremos capaces de llegar a un acuerdo
- «É unha máis da familia»: el quinto verano de Mariam en Ames