Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SANIDADE

O peche no Hospital do Barbanza suma 12 días e máis de 1.300 sinaturas de apoio

Xentes do mundo da cultura súmanse a reivindicación con actuacións e obradoiros

Grupo de veciños que pasaron a noite no hospital no undécimo día de peche.

Grupo de veciños que pasaron a noite no hospital no undécimo día de peche. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

O peche convocado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza no hospital de Ribeira suma xa 12 días de protesta "pola negativa dos responsables sanitarios a reunirse cos nosos representantes, e son xa 823 días desde a petición da primeira xuntanza", afirman.

Impulsaron tamén unha recollida de sinaturas en apoio ás persoas que, a través de quendas, están facendo posible un peche indefinido. Xa superan as 1.300 firmas.

Apoio do sector cultural

O mundo da cultura tamén se suma ás reivindicacións. O dramaturgo Quico Cadaval actuará este luns na entrada do hospital a partir das 20.00 horas.

Cartel promocional da actuación de Quico Cadaval.

Cartel promocional da actuación de Quico Cadaval. / Cedida

E o martes, á mesma hora, celebrarase un obradoiro de escrita creativa de terror, que impartirá Maruxa Martínez, autora do blog de terror I Never Drink… Wine.

O dúo Barahunda actuará o xoves ás 20.00 horas.

O dúo Barahunda actuará o xoves ás 20.00 horas. / Cedida

O mércores, a partir das 16.00 horas, celebrarase un recital poético de Xabier López Marqués, que estará acompañado á guitarra por Suso Bello. E o xoves, día 7 ás 20.00 horas, terá lugar un concerto do dúo Barahúnda.

Concentracións nos centros de saúde

Ademais do peche indefinido no Hospital de Barbanza, continúan as concentracións nos centros de saúde. O martes concentraranse diante do centro de saúde de Rianxo, a partir das 19.00 horas, para reclamar a apertura do PAC as 24 horas, a necesidade dunha ambulancia permanente, o reforzo de pediatría e a cobertura de ausencias.

E o venres 8 de maio, ás 11.30 horas, haberá concentración no centro de saúde de Aguiño para reclamar a cobertura do persoal sanitario. "De dúas médicas, unha está de baixa desde novembro e a semana pasada cubriuse con distintas persoas catro horas ao día", subliñan.

Ese mesmo día, ás 12.00 horas concentraranse diante do centro de saúde da Pobra do Caramiñal para reclamar que o PAC abra tamén polas tardes os días laborais.

Tracking Pixel Contents