A Xunta aproba o proxecto dunha senda peonil e ciclista de máis de 4 km no Porto do Son
Executarase en dous treitos, entre Linteiros e A Gafa e entre Freixedo e O Campo do Prado, cun investimento de 2,6 millóns

Plano parcial da senda que se construirá en paralelo á AC-550. / Cedida
O Consello da Xunta aprobou este luns provisionalmente o proxecto para someter a información pública a execución dun itinerario de uso compartido peonil-ciclista en paralelo á AC-550, ao longo de dous treitos independentes, no concello do Porto do Son.
Trátase dun novo proxecto do Goberno galego para a mellora da mobilidade e a seguridade viaria nesta estrada autonómica ao seu paso polo municipio, que suporá un investimento superior aos 2,6 M€.
O primeiro treito desenvólvese pola marxe esquerda da AC-550, ao longo de algo máis dun quilómetro de lonxitude, no treito comprendido entre o quilómetro 78+320 e o 79+400, que comunica Linteiros e A Gafa.
O segundo treito discorrerá pola marxe dereita desta vía da Xunta, entre o punto quilométrico 81+400 e o 84+600, que se inicia ao final da zona urbana de Freixedo e acada O Campo do Prado; neste percorrido entre o quilómetro 81+910 e o 82+020, a presenza dunha edificación xunto á beiravía impide a implantación da senda neste tramo.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé someter nos vindeiros días este proxecto a información pública, para efectos da Lei 8/2013, de estradas de Galicia, e para efectos expropiatorios, por un prazo de 30 días.
Para executar as obras será necesaria a expropiación de 26 predios, cunha superficie de expropiación de 687,00 m² e unha ocupación temporal de 22 m², toda no municipio do Porto do Son.
A previsión do departamento de Infraestruturas da Xunta é poder aprobar o proxecto de trazado no terceiro trimestre do ano para ter o proxecto construtivo no último trimestre do ano.
O prazo de execución das obras é de 14 meses. A intervención no primeiro treito proposto desenvólvese pola marxe esquerda da estrada AC-550 e percorre o núcleo de Linteiros, prolóngase ao longo de algo máis dun quilómetro de lonxitude (entre os puntos quilométricos 78+320-79+400), ata A Gafa, onde empezan as beirarrúas que se prolongan ata Portosín.
O segundo treito proxéctase pola marxe dereita desta mesma vía autonómica (no treito comprendido entre o quilómetro 81+400 e o 84+600), xerando un itinerario seguro de 3,2 quilómetros de lonxitude e comunicando as beirarrúas de Freixedo coas que se inician no tanatorio do Campo do Prado.
En concreto, neste treito intervirase nunha lonxitude de algo máis de 2,3 quilómetros, ao exceptuarse o tramo entre o quilómetro 81+910 e o 82+020 que impide a ampliación da beiravía pola presenza dunha edificación.
O conxunto da intervención proxéctase adxacente á estrada e mantén o mesmo trazado que esta. Considérase un ancho de senda de algo máis de 2 metros mantendo unha beiravía dun metro. A senda elévase 4 centímetros sobre a beiravía.
En todo o percorrido o pavimento empregado será de formigón bicapa en cor terriza. Nos accesos ás parcelas e nos cruzamentos cos camiños municipais o pavimento irá reforzado con mallazo de aceiro, e empregarase pavimento podotáctil nos cruzamentos coas estradas municipais e na parada de autobús.
En paralelo á calzada executarase un caz con sumidoiros, cada 20 metros, que conducirán as augas a un conduto de pluviais baixo a senda. Entre os puntos quilométricos 79+020 e 79+140, executarase unha pasarela pilotada que salvará o río Ornanda mediante un paso de 9 metros de luz. O río Quintáns (no quilómetro 84+380), salvarase tamén cunha estrutura de 15 metros de luz.
Executaranse muros de cachotaría, entre os quilómetros 78+880 - 78+930 e 83+483 - 83+532, así como no noiro xunto ao río Sandión e onde os estribos do paso sobre o río Quintáns. Empréganse muretes de formigón entre os quilómetros 78+430 e 78+445 e no 84+110.
Para minimizar as futuras afectacións á senda debido a obras de redes de servizos, proxéctase a inclusión dun prisma de canalización para luz pública, así como a execución dun prisma para as telecomunicacións en solo urbano.
A senda proxectada permite tamén mellorar a accesibilidade de seis paradas de autobús localizadas ao longo do seu percorrido, das cales 3 se manteñen na súa localización actual, adaptando a súa posición, e as outras 3 serán trasladadas.
Disponse tamén no proxecto un paso de 1,80 metros por diante dos refuxios e xérase un aparcadoiro, e substituiranse os refuxios segundo corresponda, e de acordo cos existentes modelos da Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
As actuacións contarán co financiamento dos fondos do programa operativo Feder 21/27. O Goberno galego continúa a traballar no impulso de actuacións que favorecen unha Galicia mellor conectada e máis vertebrada, mellorando as comunicacións nos municipios e favorecendo unha mobilidade máis cómoda e segura.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Val do Dubra despide a la exconcejala Celsa Oreiro tras su fallecimiento y decreta dos días de luto
- Cuando Galicia estuvo en el epicentro del debate nuclear: medio siglo de la autorización para una central en la costa de Lugo que nunca llegó a levantarse
- Del sobrino de Pondal a una tía de Rajoy: el CSIC recupera la ciencia gallega depurada por el franquismo
- Las fiestas del Cruceiro da Coruña en Santiago ya tienen fecha: cuatro días de verbenas, pasacalles y tradición