Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Educación impulsa o proxecto de rehabilitación do CEIP O Grupo de Ribeira

A alcaldesa avaliou co conselleiro a mellora dos centros educativos do municipio

María Sampedro e Román Rodríguez na reunión celebrada en Santiago.

María Sampedro e Román Rodríguez na reunión celebrada en Santiago. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para abordar a mellora das infraestruturas dos centros educativos do termo municipal.

O conselleiro informou de que, en breves, comezará a redacción do proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo co obxectivo de que "este colexio goce dunhas instalacións en óptimas condicións, pois, ademais, é o que reúne maior número de alumnado do noso termo municipal", afirma a rexedora.

Unha vez se conte co proxecto final, continuarase con todo o procedemento para levar do papel á realidade as obras a acometer.

Ascensor no colexio de Olveira

Ademais, este mes está previsto licitar o ascensor para o colexio de Olveira por un importe de 77.000 euros, unha medida para eliminar as barreiras arquitectónicas e garantir a accesibilidade no interior do edificio.

Na xuntanza participou tamén o director do CIFP Coroso, Antonio Teira, para avaliar asuntos relacionados coa celebración do 50 aniversario deste centro educativo.

Tracking Pixel Contents