Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ADXUDICACIÓN

A iluminación de Punta do Castro reforzará a lectura histórica da fábrica de salgadura de Ribeira

Facilitará tamén a comprensión espacial e material do lugar

Recreación virtual da iluminación do miradoiro de Punta do Castro.

Recreación virtual da iluminación do miradoiro de Punta do Castro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

O Concello de Ribeira adxudicou o proxecto de iluminación do miradoiro-punto de interpretación da paisaxe en Punta do Castro.

A intervención suporá un valor engadido para a visita ao conxunto arquitectónico desta antiga fábrica de salgadura, ao integrar a iluminación como unha ferramenta fundamental para a comprensión espacial, histórica e material do lugar, sen alterar a súa autenticidade nin interferir na súa conservación.

Facilitará o percorrido dos visitantes

Ademais, reforzará a lectura dos elementos (a fábrica e o miradoiro) e facilitará o percorrido do visitante de maneira clara e segura.

A empresa Montaxes Eléctricas Noroeste, S.L. resultou a adxudicataria entre as tres empresas que concorreron ao proceso de licitación ao presentar a mellor oferta por un importe de 31.823 euros, IVE incluído. O prazo de execución das obras é de mes e medio.

Trátase dunha nova actuación ao abeiro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), financiado con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Tracking Pixel Contents