SERVIZOS
Noia reforza a conciliación con novos programas para infancia e mocidade
A concelleira Ana Blanco asegura que ofertan actividades todos os días non lectivos

Ana Blanco, concelleira de Cultura e Mocidade de Noia. / Cedida
O Concello de Noia continúa reforzando a súa aposta pola conciliación familiar e educativa cunha ampliación dos programas dirixidos á infancia e á mocidade, consolidando unha rede estable de servizos que busca tamén ofrecer espazos de ocio saudable, socialización e desenvolvemento persoal para os nenos, nenas e mozos do municipio.
Xa se abriron as inscricións para o programa Concilia Verán, unha iniciativa destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que permitirá ofrecer un servizo de conciliación durante todo o período estival.
A concelleira de Mocidade e Educación, Ana Blanco, destacou que “con este servizo cumprimos xa un ano con programas de conciliación todos os días non lectivos do ano que non cadran en festivo, tal e como nos comprometemos a facer cando entramos no goberno”.
Nova ordenanza
A edil lembrou que este avance foi posible tras a aprobación, no pleno do pasado mes de xaneiro, da nova Ordenanza de Conciliación, coa que o Concello blindou a prestación destes servizos ao longo de todo o ano.
Pero a aposta do goberno local vai máis alá. O Concello traballa xa nun novo programa de campamento de verán con pernocta destinado a mozos e mozas de entre 13 e 17 anos, unha franxa de idade que, segundo explicou Ana Blanco, "tende a esquecerse, a pesar de que os rapaces e rapazas tamén demandan actividades e programas adaptados ás súas necesidades".
"A conciliación non é só un dereito das familias; é tamén unha oportunidade de ocio e de socialización saudable para os mozos e mozas", sinalou a concelleira, que avanzou que o Concello presentará proximamente este novo programa xuvenil.
Bonos de comedor e material escolar
Ademais, o Concello habilitou tamén o prazo de solicitude dos bonos de axuda ao comedor escolar e ao material escolar, que poderán pedirse ata o próximo 20 de maio.
Unha das principais novidades deste ano será o adianto na entrega das axudas destinadas ao material escolar, co obxectivo de que as familias poidan dispoñer delas no momento en que realizan as compras para o inicio do curso.
"Noutros anos chegáronse a entregar as axudas en novembro, algo que non ten ningún sentido e que xera problemas ás familias con menos recursos", explicou Ana Blanco. "O pasado curso conseguimos, coa marxe que tiñamos, adiantalo a finais de setembro, pero a idea é que este ano poidamos facelas efectivas antes incluso de que comece o curso escolar".
Política planificada
Con estas medidas, o Concello reforza a súa estratexia de apoio ás familias e consolida unha política de conciliación estable, planificada e adaptada ás distintas etapas da infancia e da mocidade.
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- El verano de los alcaldes gallegos: entre fiestas patronales, bodas y llamadas del Concello
- Ser taxista en Santiago cuesta al menos 140.000 euros y más de una década para recuperar la inversión
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída