AXUDAS
Outes recibirá 51.000 euros para reforzar a limpeza e o mantemento no rural
O Concello contará tamén con 7.500 € para contratar socorristas no verán

Francisco Calo e Belén do Campo avaliaron as necesidades de Outes. / MONCHO FUENTES
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, avaliou co alcalde de Outes, Francisco Calo, as necesidades prioritarias do concello.
Ao abeiro do Plan Rural Activa, orientado a fomentar o emprego e mellorar os servizos no rural, o Concello de Outes contará cun investimento de preto de 51.000 euros para contratar dous peóns e un tractorista para os traballos de limpeza e mantemento en diferentes puntos do municipio.
Franxas secundarias
Outes está adherido ao convenio de protección das franxas secundarias, desenvolvido en colaboración coa empresa pública Seaga. Belén do Campo aproveitou o encontro para lembrar a importancia de que a veciñanza cumpra coa súa obriga de manter limpas as franxas secundarias de protección antes do 31 de maio, tal e como establece a normativa vixente.
O alcalde trasladoulle á representante autonómica a necesidade de que este ano se leven a cabo novas actuacións de prevención de incendios por parte da Consellería do Medio Rural, especialmente na limpeza de camiños e contornos de vivendas illadas consideradas de maior risco.
Socorristas
Por outra banda, Belén do Campo confirmou que o Concello de Outes contará cunha axuda de 7.500 euros para a contratación de socorristas durante a campaña estival. Con esta liña de axudas, a Xunta busca fomentar a prestación do servizo de socorrismo por parte dos concellos nas épocas de maior afluencia de persoas usuarias.
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Avalancha de solicitudes para ayudas a la vivienda con 410 pisos en ciernes en la comarca: 'É o máis importante da miña vida
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- Vuelve el calor veraniego a Galicia: los termómetros superarán los 30 grados este fin de semana