Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PSOE de Ribeira reclama responsabilidades polo atraso de máis dun ano na obra do Edificio de Deportes Náuticos de Aguiño

A formación insta o Goberno a "examinar formalmente o incumprimento dos prazos e valorar, se procede, a imposición das sancións"

Estado actual das obras do Edificio de Deportes Náuticos de Aguiño.

Estado actual das obras do Edificio de Deportes Náuticos de Aguiño. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

O PSOE de Ribeira vén de presentar por rexistro unha petición ao Goberno local para reclamar que o Concello actúe ante os "reiterados atrasos" nas obras do Edificio de Deportes Náuticos de Aguiño, unha infraestrutura que debía estar rematada ao redor de maio de 2025 e que segue en construción.

O portavoz socialista, Francisco Suárez-Puerta, sinalou que “esta obra non é un expediente máis: detrás dela están o Club de Remo Náutico Ribeira, os seus deportistas, as familias e a veciñanza de Aguiño, que levan demasiado tempo agardando por unhas instalacións necesarias”.

O grupo socialista critica tamén que a alcaldesa, María Sampedro, “dedique a semana a aparecer en fotos e a publicitar promesas de futuras obras, mentres Ribeira segue agardando por actuacións que xa deberían estar rematadas e que acumulan atrasos de máis dun ano”.

O PSOE lembra que a obra xa contou con varias ampliacións de prazo: primeiro ata decembro de 2025 e despois ata marzo de 2026. "Ademais, os informes técnicos municipais advertiron que os motivos alegados pola contratista non parecían alleos á súa responsabilidade, polo que o Goberno de Ribeira debe actuar e velar polos intereses da veciñanza”, explica Suárez-Puerta.

O edil socialista indicou que “cada mes de atraso prexudica directamente un club que representa a Ribeira, que ten unha actividade deportiva constante e que precisa estas instalacións para desenvolver o seu traballo en condicións axeitadas”.

Por iso, o PSOE local reclama que o Goberno local “inicie de inmediato as actuacións necesarias para conseguir que se entreguen as instalacións na maior brevidade posible, que se examine formalmente o incumprimento dos prazos e que se valore, se procede, a imposición das sancións contractuais correspondentes”.

“O Concello non pode limitarse a esperar; ten que defender o interese público, garantir que a obra se remate canto antes e dar unha resposta clara ao Club de Remo Náutico Ribeira e á veciñanza de Aguiño”, concluíu o portavoz socialista.

TEMAS

Tracking Pixel Contents