Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Muros executa melloras na rede de saneamento na Costa de Baño

A actuación inclúe a construción de tres arquetas de rexistro para facilitar a supervisión ante posibles atascos

Obras na rede de saneamento na Costa de Baño.

Obras na rede de saneamento na Costa de Baño. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muros

A Brigada de Obras do Concello de Muros está a executar unha actuación de mellora do saneamento na Costa de Baño, financiada integramente con fondos municipais.

Os traballos consisten na substitución de 70 metros de tubaxe de gres por unha nova condución de PVC, co obxectivo de mellorar o funcionamento da rede de saneamento na zona.

A actuación inclúe tamén a construción de tres arquetas de rexistro para facilitar a supervisión ante posibles atascos.

Durante os últimos días realizouse a apertura da vía ao longo de todo o tramo para localizar e retirar a antiga tubaxe, proceder á instalación da nova condución e efectuar posteriormente o peche da zanxa.

A concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, destaca que “seguimos traballando ao longo de todo o ano para mellorar o saneamento nas distintas parroquias e núcleos do concello, realizando actuacións que permiten modernizar as infraestruturas públicas e ofrecer un mellor servizo á veciñanza”.

A alcaldesa, María Lago, engade que este tipo de intervencións “son fundamentais para garantir o correcto funcionamento da rede e evitar problemas futuros”.

“O saneamento é desde 2023 unha prioridade estratéxica para o Goberno local de Muros”, lembra María Lago, “con dous millóns de euros xa investidos neste servizo público, tan importante ademais para o sector marisqueiro”.

Agora, na Costa de Baño será necesario deixar pasar un período de tempo para permitir o asentamento natural do terreo antes de acometer a reposición definitiva do firme da estrada, que se executará nos próximos días.

Tracking Pixel Contents