Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cociña, repostería, empratado... Boiro afonda na formación de profesionais para a hostalería

O Programa Integrado de Emprego impartiu cursos de tratamento de alimentos e técnicas culinarias

Participantes no curso de cociña impartido en Boiro.

Participantes no curso de cociña impartido en Boiro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O alumnado do Programa Integrado de Emprego que o Concello de Boiro leva a cabo coa colaboración dos concellos de Rianxo e A Pobra finaliza accións formativas en pastelería, cociña e manexo de carretillas elevadoras.

No curso de pastelería e postres para restauración un total de 14 participantes recibiron formación en técnicas culinarias e aplicación dos fundamentos básicos. Durante as vinte horas formativas adquiriron coñecementos na utilización e tratamento de diversos produtos para a realización de distintas elaboracións de pastelería e repostería.

Un total de 14 alumnos e alumnas participaron tamén no curso de aplicación de fundamentos básicos en cociña. Durante as sesenta horas formativas adquiriron coñecementos na utilización e tratamento de diversos alimentos para a realización de distintas elaboracións gastronómicas, empratado e presentación de menús.

Outra das accións formativas levadas a cabo foi a de condución de carretillas elevadoras, na que participaron 18 persoas. Durante vinte horas formativas adquiriron coñecementos en control de cargas e desprazamentos das mesmas, operacións de mecánica básica, simboloxía, paletización e almacenaxe, seguridade e prevención de riscos.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2025/2026 está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Tracking Pixel Contents