Volve a feira de oportunidades Pink Noia esta fin de semana con 32 comercios participantes
Ofrecerán descontos do vinte por cento e haberá animación musical nas rúas

Noia Histórica entregará o domingo as corenta sillas de praia da campaña Ola Primavera. / Cedida
A asociación Noia Históricacelebrará esta fin de semana a décimo quinta edición da feira de oportunidades Pink Noia, na que participarán 32 establecementos comerciais da localidade.
A cita será presentada este xoves polo alcalde, Francisco Pérez; o director xeral de Comercio, Gabriél Alén; a presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito; a secretaria da entidade, Maricarmen Vázquez; e a tesoureira, María Jesús Froján.
A feira desenvolverase o venres 15, o sábado 16 e o domingo 17 de maio. Salvo algunhas excepcións, nas que os comercios terán ofertas puntuais, a maioría dos establecementos participantes ofrecerán un vinte por cento de desconto en todos os seus artigos.
Ademais de reparto de chuches e animación musical nas rúas, o domingo, Día das Letras Galegas, haberá inchables na alameda, de 11.00 a 14.00 horas, para rapazes de diferentes idades.
O sábado ao mediodía, na Praza do Curro, Noia Histórica entregará as corenta sillas de praia da campaña Ola Primavera aos clientes que xuntaron os cinco tíckets de compra de cinco tendas diferentes durante o mes de abril.
Ademais, unha completa programación do Concello complementará esta edición de Pink Noia durante toda a fin de semana, polo que a cita de Noia Histórica promete ser todo un éxito.
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas
- De Ames a Negreira, las alumnas que lideran las notas de la PAU de Galicia: «Sabía que la nota era buena... pero no tanto»
- Conxo rinde homenaje al histórico árbol plantado por Moncho Cascarilla con una estatua tras su polémica tala
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias
- Galicia se enfrenta a un episodio de calor extremo: alerta roja en Pontevedra y hasta 33 grados en Santiago
- Estuvo a punto de dejarlo y ahora este compostelano es campeón mundial de culturismo: 'La gente me dice que no sabe cómo soy capaz