Ribeira renderá unha homenaxe póstuma ao pintor Manuel Ayaso o luns 18 de maio
Dous cadros lembrarán a súa figura no auditorio: un do propio artista e outro feito por Fernando Yáñez

Manuel Ayaso, nunha edición da Festa do Percebe de Aguiño, co exalcalde de Ribeira Manuel Ruiz. / Suso Souto
O Concello de Ribeira homenaxeará o vindeiro luns 18 de maio a un dos seus artistas máis recoñecidos: Manuel Ayaso, Fillo Predilecto da localidade, falecido en maio de 2023 aos 89 anos.
Trátase dun recoñecemento que se enmarca na programación do Maio Cultural con motivo do terceiro aniversario do seu falecemento.
O acto comezará cunha ofrenda floral a carón da escultura na súa honra que preside a Praza do Concello, ás 19.00 horas, para despois dar paso ao descubrimento de dous cadros que permanecerán no auditorio municipal: nun lado, un de Ayaso, de 1974, e, noutro, un retrato do propio artista realizado por Fernando Yañez, quen fai a doazón da obra á administración local.
Os Liantes de Artes acompañarán musicalmente esta xornada.
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, anima a toda a veciñanza a sumarse a este acto "que enxalza un dos nosos máximos expoñentes da arte e que puxo o nome de Ribeira no mapa cultural
internacional. Será un día de arte, de cultura, para lembrar e homenaxear a figura e o legado de Manuel Ayaso".
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Sin atracciones y con la comisión agotada: O Castiñeiriño afronta un San Antón marcado por la falta de relevo generacional
- Avistan un ejemplar de la tortuga más grande del mundo en Fisterra
- El palacete de casi 2 millones en Santiago que 'recuerda a Downton Abbey': una joya arquitectónica que no encuentra dueño
- Un hombre que agredió sexualmente a una amiga en Santiago tras una noche de marcha, condenado a once años de prisión
- Un compostelano idea una pasarela mirador bajo el viaducto del Miño con vistas privilegiadas de Ourense: 'Ojalá sea una realidad
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias