Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Muros esixe a Costas do Estado a substitución integral da pasarela de madeira de Louro

O Concello pechouna ao tránsito para evitar riscos

Segundo un informe técnico, o deterioro da estrutura xa non pode resolverse con tarefas de mantemento

O Concello pechou o acceso á pasarela de madera de Louro.

O Concello pechou o acceso á pasarela de madera de Louro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muros

O Concello de Muros esixe a substitución integral da pasarela peonil de madeira de San Francisco (Louro) á Demarcación de Costas, organismo responsable da infraestrutura.

O Goberno local encargou un estudo técnico que conclúe que a estrutura presenta un deterioro que xa non pode resolverse con labores ordinarios de mantemento.

Ante esta situación, o Concello xa lle trasladou as conclusións do informe á Demarcación de Costas e mantivo conversas co organismo estatal para procurar unha solución urxente, tal e como adiantou a alcaldesa, María Lago, a todos os grupos municipais no último pleno.

Á espera de concretar esta actuación na infraestrutura con Costas, o Concello de Muros decidiu pechar ao tránsito desde este venres o tramo de madeira da pasarela por motivos de seguridade.

Este precinto realízase tras confirmar o informe técnico que a pasarela chegou ao remate da súa vida útil, e que "a reparación das táboas deformadas ou os elementos de protección é ineficaz sen a substitución da base estrutural da mesma".

“Desde o Concello cambiamos varias táboas nos últimos meses para atender as demandas veciñais, pero é unha solución que xa non serve, porque a estrutura está moi deteriorada”, explica María Lago, quen engade que “debe ser a Demarcación de Costas a que actúe na pasarela”.

"O estado da pasarela conleva a necesidade de actuar sobre a mesma para garantir que a veciñanza poida facer uso dela o antes posible", explicou Lago.

TEMAS

Tracking Pixel Contents