Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día das Letras Galegas

Boiro celebra a XV Romaría das Letras entre artesanía, música e literatura

As actividades terán lugar mañá no Pazo de Goiáns desde as 11.00 ata as 21.00 horas

A presidenta da asociación cultural Barbantia, María Jesús Blanco, e a edil de Cultura, María Outeiral, presentaron a programación. | CONCELLO DE BOIRO

A presidenta da asociación cultural Barbantia, María Jesús Blanco, e a edil de Cultura, María Outeiral, presentaron a programación. | CONCELLO DE BOIRO

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O Día das Letras Galegas late con forza en toda Galicia, e Boiro non é unha excepción. A vila barbanzá prepara un ano máis un acto conmemorativo para celebrar por todo o alto esta xornada dedicada ás figuras que teceron a súa obra literaria na nosa lingua defenderon a preservación do galego.

Trátase da Romaría das Letras, un evento organizado polo Concello de Boiro e a asociación cultural Barbantia que chega á súa décimo quinta edición e que traerá este domingo ao histórico Pazo de Goiáns propostas de artesanía, literatura, música, ocio e baile.

A actividade comezará ás 11.00 horas coa apertura de portas da casa señorial e o recibimento aos participantes desta romaría, á que están invitados non só os veciños de Boiro, senón todos os do Barbanza.

A partir das 11.30 horas estará habilitado o mercado de artesanía e literatura, que contará cos postos dos colectivos colaboradores e cunha exposición dedicada a Begoña Caamaño, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2026. Ás 12.00 horas haberá baile galego na eira do Pazo con Xilbarbeira e Abanqueiro, e ás 13.00 horas terá lugar o concerto sesión vermú con Maricarme no xardín do Pazo. Ás 14.00 horas celebrarase o xantar popular, amenizado polos Pequenos do Barbansa.

Xa pola tarde, ás 16.00 horas abrirase a zona infantil con Miudinho Cooperativa no pombal do Pazo, mentres que no interior do edificio terán lugar as presentacións institucionais.

A partir das 16.15 horas desenvolveranse as presentacións literarias a cargo da AC Barbantia, coa obra Elas, de Xulio Gutierrez, que incluirá un taller creativo coa ilustradora Lucía Cobo, e A Compostela de Begoña Caamaño, de Encarna Otero. A música e o baile continuarán ás 18.00 horas coa actuación de baile galego na eira do Pazo con Aroña e Abeloura. Ás 19.00 horas será a quenda do concerto de Os D’abaixo, tamén na eira do Pazo.

Especial das Letras Galegas 2026

Especial das Letras Galegas 2026

Especial das Letras Galegas 2026

A XV Romaría das Letras no Barbanza rematará ás 21.00 horas, poñéndolle fin a unha xornada dedicada á cultura, á literatura, á música tradicional e á celebración das Letras Galegas en Boiro. n

Tracking Pixel Contents