LIMPEZA
Cabos, cabichas e plásticos: o lixo que o alumnado do IES Nº 1 de Ribeira atopou na praia de Coroso
Recolleron case trinta quilos de residuos e demandan medidas para reverter esta situación

Participantes na xornada de limpeza da praia de Coroso, en Ribeira. / Cedida
Estudantes de 4º da ESO do IES N°1 de Ribeira participaron nunha actividade do Programa de Ciencia Cidadá sobre Lixo Mariño, do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), consistente na limpeza da praia de Coroso, onde recolleron 1.752 residuos e 29,15 quilogramos de lixo, entre os que destacaba o material de pesca (cabos e cordas), cabichas, plásticos e outros desperdicios.
A comunidade educativa amosa a súa preocupación "pola elevada cantidade de residuos plásticos atopados na praia, un dos espazos naturais máis importantes e frecuentados do municipio de Ribeira".
En consecuencia, solicitan ao Concello medidas que contribúan a reverter a situación e a concienciar á cidadanía sobre a importancia de manter as contornas naturais libres de residuos.
Acción en beneficio da cidadanía
A este respecto, o concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, agradece a disposición deste instituto "por participar nunha actividade que non só fai que o alumnado creza a nivel académico, senón tamén persoal".
Agradece que dedicasen parte do seu tempo a limpar este areal, "unha acción que redunda positivamente no conxunto da cidadanía. Todas as suxestións son benvidas".
O edil tamén indica que o Concello de Ribeira traballa xa en medidas encamiñadas a "sensibilizar sobre a importancia de preservar os espazos naturais, pois consideramos que a educación é a base de todo. E, por suposto, tamén tomamos acción con medidas concretas como, por exemplo, a xornada de limpeza do litoral de Corrubedo desenvolvida no mes de marzo con Grip Surf School".
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
- Hijos de Rivera lanza Santa Clara, su nueva cerveza temporal en colaboración con Basqueland Brewing
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Cuarenta chefs con Estrella Michelin en Negreira por Art for Dent, Arzak y Casa Barqueiro
- El aeropuerto de Santiago cambia Heathrow por Gatwick, pero mantendrá su vuelo diario con Londres este invierno
- La USC sitúa a tres investigadores entre los jóvenes más destacados de Galicia por sus avances en energía, obesidad y turismo
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan