Teatro, música e charlas no Mes das Letras en Muros
Este domingo haberá unha ofrenda a Xosé Agrelo Hermo na alameda de Esteiro

Teatro, música e charlas no Mes das Letras en Muros | CEDIDA
Muros está inmerso na programación de actividades do Mes das Letras e da XVIII Mostra de Teatro Xosé Agrelo, dúas citas xa clásicas na promoción da lingua e a cultura galega no concello. Deste xeito, ao longo de maio a vila acolle diversas obras de teatro, charlas, obradoiros e o tradicional acto de ofrenda a Xosé Agrelo Hermo.«No concello de Muros temos un compromiso co uso e a defensa da nosa lingua todo o ano, pero maio sempre é un mes especial para dar a coñecer a creación artística en galego, as nosas letras e outras disciplinas artísticas, como o teatro ou o deseño», sinalou a alcaldesa María Lago que presentou a programación xunto á concelleira de Lingua, Laura Rivadeneira; Cultura, Caridad González, e Uxía Saborido, deseñadora de Esteiro que se encargou este ano dos carteis do Mes das Letras e a Mostra de Teatro.
A alcaldesa destacou ademais que “nun tempo no que a intelixencia artificial está usurpando o traballo de deseñadores e ilustradores, as administracións públicas temos a responsabilidade de dar exemplo e fomentar o talento local, nesta ocasión da man de Uxía Saborido, autora do cartel”.
Laura Rivadeneira destacou “a importancia que teñen para o concello as sesións de teatro para o alumnado dos centros educativos”, agradecendo “a implicación da comunidade educativa de Muros e de asociacións como Adisbismur, A Creba e Misela, ademais dos usuarios do centro de día”.
Caridad González lembrou pola súa parte «a calidade da programación da mostra e das compañías que pasarán polo escenario do auditorio», dando continuidade este mes de maio “á programación cultural que temos durante todo o ano".
“O cartel está protagonizado por Begoña Caamaño e a idea era facer un deseño que conectase coa personalidade dela. Begoña era unha persoa moi revindicativa, feminista e con moitisima cultura, Esa cultura que che da viaxar polo mundo cos ollos ben abertos”, explicou Uxía Saborido.
“Esteticamente xoguei cun contraste moi marcado entre o verde corporativo do concello e un laranxa vivo que recorda a ese ton amarillento que collen as paxinas dos libros ao largo dos anos. Esta combinación busca crear unha estetica retro e expresiva da impresión editorial. Un collage de recortes, tal como se facian antes os carteis culturais”, engadiu Saborido, que lembrou que “‘Ler o mundo’ é parte dunha cita de Begoña a cal me parecía moi potente para poñer”.

Teatro, música e charlas no Mes das Letras en Muros | CEDIDA
Esta tarde, ás 20.30, utilizarán a maxia dos escenarios para reivindicar a cultura galega, no local social da SCRD Esteirana, con Berrobambán e a obra Begoña Caamaño: o transgredir das ondas. O domingo, na alameda de Esteiro ás 13.00 horas, será a ofrenda a Xosé Agrelo Hermo, organizada pola AC O Xeito.
Ao rematar, ás 13.30 horas, será a actuación musical Unha señora orquestra. O luns 18, ás 11.10 horas no IES As Insuas, terá lugar o relatorio Sobrevivir en galego nas redes sociais, con Konachadas e Prado Rúa.
Xa o martes 19, ás 10.30 na Galiña Azul de Esteiro, volverá ter protagonismo o teatro, nesta ocasión da man de Xarope Tulú, con Bichocas e corochas. E o sábado 20, ás 20.30, interpretarase a obra Fermento vello, da compañía O Xeito Teatro.

Especial das Letras Galegas 2026
Especial das Letras Galegas 2026O venres 22, no auditorio municipal ás 11.30 horas, da man de Aquelando Teatro, chegará a función As Muroexploradoras. A programación continuará o sábado 23, ás 20.30, con Ensaio xeral sobre a risa, da mesma compañía; o venres 29, ás 20.30, con Un tranvía chamado desexo, de Sen Cancelas Teatro.
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas
- De Ames a Negreira, las alumnas que lideran las notas de la PAU de Galicia: «Sabía que la nota era buena... pero no tanto»
- Conxo rinde homenaje al histórico árbol plantado por Moncho Cascarilla con una estatua tras su polémica tala
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias
- Galicia se enfrenta a un episodio de calor extremo: alerta roja en Pontevedra y hasta 33 grados en Santiago
- Estuvo a punto de dejarlo y ahora este compostelano es campeón mundial de culturismo: 'La gente me dice que no sabe cómo soy capaz