Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CENTENARIO

Da vida no mar aos paseos por Coroso: o ribeirense Manuel Fernández celebra os 100 anos

Desde os dezaseis dedicou a súa vida ao marisqueo a flote

A alcaldesa e o concelleiro, á esquerda, con Manuel e a súa familia.

A alcaldesa e o concelleiro, á esquerda, con Manuel e a súa familia. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

Ribeira suma un novo veciño centenario: Manuel Fernández Argibay. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar, na Amarella, para trasladarlle a súa felicitación en persoa e facerlle entrega dun ramo de flores e unha placa de recoñecemento polo seu aniversario.

"É unha ledicia ver aos nosos maiores chegar aos 100 anos con esa vitalidade que lle permite a idade e ver que aínda continúan activos física e mentalmente, levando un envellecemento saudable", afirmou a rexedora.

Natural de Ribeira, Manuel comezou moi novo a traballar no mar, pois con 16 anos iniciouse no marisqueo a flote; oficio ao que dedicou toda a vida. Agora goza dos paseos por Coroso e da súa familia, con quen festexou nun xantar a entrada no centenario o 17 de maio.

Tracking Pixel Contents