Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Muros segue estendendo a rede de saneamento, esta vez no Areal, en Esteiro

A obra consiste na execución de canalizacións separativas nas tres rúas situadas ao redor do centro social

Obras na rede de saneamento do Areal, en Esteiro.

Obras na rede de saneamento do Areal, en Esteiro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muros

O Concello de Muros continúa co seu plan de renovación e mellora da rede de saneamento nas parroquias, un servizo público esencial para a veciñanza.

Esta semana, a brigada municipal de Obras comezou unha actuación no Areal, na parroquia de Esteiro, co obxectivo de facilitar o saneamento ás vivendas da zona.

A obra consiste na execución de redes separativas nas tres rúas situadas ao redor do centro social do Areal, diferenciando o saneamento das augas pluviais.

Ata o de agora existía unha única tubaxe de formigón que provocaba continuos problemas de atasco.

Esta actuación, realizada e financiada integramente polo Concello de Muros, permitirá mellorar o servizo ás vivendas da zona e evitar verteduras ao río.

A alcaldesa, María Lago, lembra que “no que vai de mandato, desde o Goberno local investimos xa dous millóns de euros na renovación e a mellora da rede de saneamento, un servizo que repercute ademais directamente no marisqueo”.

Laura Rivadeneira, concelleira de Obras, engade que “seguimos traballando para mellorar as infraestruturas básicas das nosas parroquias. Esta obra permitirá ofrecer un servizo máis eficiente, evitar problemas de atascos e contribuír ao coidado do noso entorno natural”.

Tracking Pixel Contents