Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AVALIACIÓN

As dezasete zonas de baño de Ribeira reciben a máxima cualificación sanitaria

A alcaldesa enxalza a calidade da contorna marítima

Vista aérea dunha zona de praias do municipio de Ribeira.

Vista aérea dunha zona de praias do municipio de Ribeira. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

O Concello de Ribeira recibiu notificación da Xefatura Territorial da Consellería da Sanidade con relación á clasificación sanitaria final das zonas de baño do municipio na pasada tempada e vixente para este 2026. Todas as praias valoradas reciben a cualificación de "excelente" segundo o sistema de cálculo da Directiva 2006/7/CE.

Avaliáronse 17 zonas do litoral ribeirense: A Ameixida, A Corna, A Muralla, Area Secada, Balieiros, Baluarte, Castiñeiras, O Castro-A Catía, Coroso, Corrubedo, Mosqueiros, O Porto, O Prado, O Touro, dúas áreas do Vilar e Río Azor.

Valoración da alcaldesa

A alcaldesa, María Sampedro, enxalza a calidade da contorna marítima, pois "temos unhas praias excelentes para desfrutar, para pasear, para descansar e, con estes resultados nas que acadamos a máxima cualificación, tamén se garanten uns excepcionais areais para o baño agora no verán".

Os datos son públicos e poden ser consultados a través da páxina web da Consellería da Sanidade, dentro do apartado da Sanidade Ambiental e do Sistema de Información Nacional de Augas de Baño (Náyade).

Tracking Pixel Contents