EMOTIVO ACTO
Carnota lembra a heroica salvación da tripulación do 'Ariete' sesenta anos despois
A homenaxe reuniu veciñanza, autoridades, militares e superviventes arredor dunha historia de coraxe e humanidade

O alcalde, autoridades militares e os dous superviventes do 'Ariete' en Lira. / Cedida
Carnota acolle un acto cargado de emoción e memoria con motivo do sesenta aniversario do naufraxio do Ariete en Lira, cuxa tripulación conseguiu salvar a vida grazas á valentía, á solidariedade e ao espírito de entrega do pobo carnotán.

Un momento do acto celebrado este sábado en Lira, Carnota. / Cedida
No acto conmemorativo participaron membros da Real Irmandade de Veteranos das Forzas Armadas, da Garda Civil e do Mando das Unidades da Forza de Acción Marítima en Ferrol (COMAFER), o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, e dous dos superviventes do naufraxio.

O alcalde, no centro, con dous dos superviventes do 'Ariete' en Lira. / Cedida
O acto de homenaxe completouse cunha misa solemne cantada pola Coral Polifónica Mar de Ardora da Escola de Música de Carnota. A continuación, tivo lugar a tradicional procesión, acompañada pola Banda de Música Santa Cruz de Rivadulla. Oficiais do Buque Multipropósito Carnota portaron a imaxe da Virxe, nunha mostra de respecto e lembranza cara a todas as persoas vinculadas a este acontecemento histórico.
Dende o Concello agradecen "a todas as persoas e entidades que contribuíron a manter viva esta historia de coraxe e humanidade, parte da memoria colectiva de Carnota".
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas