INAUGURACIÓN
O albergue Portus Apostoli reforza a Noia no Camiño Marítimo e da Volta de Gloria
Nas primeiras semanas de actividade xa recibiu preto dun cento de peregrinos

Representantes municipais e da Fraternidade Internacional do Camiño en Noia. / Cedida
O albergue Portus Apostoli xa é unha realidade. O alcalde de Noia, Francisco Pérez, presidiu o acto inaugural, logo de que o Concello culminase os traballos necesarios para facer posible a apertura desta infraestrutura, asumindo actuacións fundamentais como a dotación dos servizos de luz, auga e saneamento.
A apertura completouse coa sinatura do convenio de colaboración coa Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS), entidade especializada na promoción e difusión dos valores xacobeos, que será a encargada da xestión do albergue.
Nas súas primeiras semanas de actividade, as instalacións xa recibiron arredor dun cento de peregrinos, "consolidando Noia como un enclave fundamental dentro do Camiño Marítimo e da Volta de Gloria", subliñan dende o goberno local.

Acto inaugural do albergue Portus Apostoli de Noia. / Cedida
Ao acto asistiu o presidente Asociación de Municipios del Camino de la Ría de Muros Noia, Luís Oujo, quen adiantou a intención de construír un segundo albergue en O Porto do Son, recuperando unha antiga fábrica de salazón. Entre os asistentes atopábanse tamén o alcalde de Ames, Blas García, e a rexedora de Muros, María Lago, ademais de concelleiros e representantes doutros concellos.
O albergue está xestionado baixo o modelo de hospitalidade tradicional, é dicir, de donativo, e é o único que permite durmir dúas noites seguidas debido á dobre saída desta ruta: dende O Porto do Son ou de Muros, con Noia como destino final.
Novas iniciativas vinculadas ao turismo
A posta en marcha do albergue "marca o inicio dun ano especialmente importante para o turismo no municipio de Noia", afirman dende o goberno local.
Ao longo dos próximos meses comezarán a materializarse numerosas iniciativas impulsadas ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino: a mellora da Oficina de Turismo, a apertura do Museo do Mar, a dixitalización do Museo das Laudas Gremiais, a recuperación e mellora de sendas, a posta en valor dos recursos xacobeos e patrimoniais da vila, a mellora de espazos verdes, a apertura dunha área de estacionamento para autocaravanas e a incorporación de novas actividades náuticas na zona de Abruñeiras.
Estratexia conxunta
A isto súmase "unha firme aposta pola dixitalización e pola creación de sinerxías cos concellos que integran a Ría da Estrela, impulsando unha estratexia turística conxunta que permita fortalecer a promoción do territorio e ofrecer unha experiencia máis completa aos visitantes", engaden.
Un proxecto de futuro "para seguir situando Noia no lugar que merece como referente turístico, cultural e patrimonial de Galicia", conclúen.
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas