Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CONCURSO

O Porto do Son busca cartel promocional da Feira Celta

O Concello premiará con 500 euros o deseño gañador

Espectáculo de rúa na última edición da Feira Celta do Porto do Son.

Espectáculo de rúa na última edición da Feira Celta do Porto do Son. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Porto do Son

O Concello do Porto do Son anuncia a convocatoria do concurso de carteis co obxectivo de escoller a imaxe oficial da nova edición da Feira Celta 2026, unha das citas máis agardadas do verán no municipio, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo.

Cartel coas bases do concurso para elexir o deseño da Feira Celta de 2026.

Cartel coas bases do concurso para elexir o deseño da Feira Celta de 2026. / Cedida

A iniciativa busca premiar a creatividade e o talento, outorgando un único premio de 500 euros ao deseño elixido. Esta obra converterase na cara visible do evento e empregarase en toda a promoción institucional e publicitaria, tanto en soportes físicos como nas distintas plataformas dixitais.

Requisitos e temática das obras

A participación está aberta a calquera persoa, sen límite de idade (agás os membros da organización e aos seus familiares) e cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, que deberán ser orixinais, inéditas e estar inspiradas na cultura e na temática celta.

No que respecta ás especificacións técnicas, os deseños deberán ter un formato A3 vertical e incluír de xeito obrigatorio e perfectamente lexible o seguinte texto: "Feira Celta Porto do Son 24, 25 e 26 de xullo 2026".

Prazo e envío das propostas

As obras presentaranse exclusivamente en formato dixital (PDF ou JPG en alta resolución, cun mínimo de 300 ppp) e deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo portodosoncultura@gmail.com, achegando no mesmo correo os datos da persoa participante (nome e apelidos, DNI, enderezo postal, teléfono de contacto e correo electrónico).

O prazo de presentación está aberto e finalizará o vindeiro 26 de xuño de 2026.

Valoración do xurado

Un xurado especializado será o encargado de avaliar todas as propostas recibidas en tempo e forma para escoller o cartel gañador. Terá en conta criterios como a orixinalidade, a calidade técnica e artística, o impacto visual e a adecuación á propia identidade histórica e cultural que caracteriza a Feira Celta de Porto do Son.

Tracking Pixel Contents