CERTAME
O talento regueifeiro da rapazada de Boiro brilla en Goiáns
Alumnos de oito centros educativos crearon coplas sobre a actualidade do municipio

O alcalde e a concelleira de Ensino inauguraron a xornada. / Cedida
O Pazo de Goiáns acolleu este venres o III Certame de Regueifas organizado polo Concello de Boiro xunto cos equipos de Dinamización da Lingua Galega no que participan os centros de ensino de primaria e secundaria do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, participaron na apertura da xornada.
Durante o curso o alumnado dos centros de ensino participou nuns obradoiros nos que tiveron a oportunidade de familiarizarse coa regueifa e practicar xogos de palabras. Participaron o CEIP Santa Baia, IES A Cachada, CEIP Santa María do Castro, CEIP de Escarabote, CEIP de Cespón, CEIP Praia Xardín, IES Praia Barraña e CEIP de Abanqueiro.

Escolares de Boiro no encontro regueifeiro celebrado no Pazo de Goiáns. / Cedida
Os escolares de cada centro crearon coplas sobre temáticas de actualidade e o municipio que presentaron no encontro regueifeiro. Posteriormente gozaron de xogos de improvisación entre os presentadores e representantes dos distintos centros.
A iniciativa ten como finalidade "dar a coñecer á rapazada a poesía oral improvisada en verso e a nosa tradición, explicando a historia regueifeira e outras expresións da improvisación que existen en Galicia", subliñan dende o Concello de Boiro.
Do mesmo xeito, engaden, "preténdese espertar no alumnado vocacións nesta práctica artística cun importante labor didáctico nos contidos de materias como a lingua galega ou música".
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas