BALANCE
O Museo Valle-Inclán reforza o seu atractivo turístico con 1.145 visitas ata maio
O turismo cultural reforza A Pobra como alternativa á masificación

Grupo de rapaces e monitores de Nova York e Dubai no Museo Valle-Inclán da Pobra. / Cedida
O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal recibiu, entre xaneiro e maio, un total de 1.145 persoas e consolida unha tendencia crecente de visitantes, segundo informa o seu director, Antonio González Millán.
A análise das procedencias indica que, de Galicia, destacan os visitantes da provincia de Pontevedra, seguidos de preto polos da Coruña e da área metropolitana de Santiago de Compostela. A nivel nacional a afluencia maioritaria chegou dende Madrid e as comunidades da cornixa atlántica e do norte peninsular, e no panorama internacional destacan os turistas chegados de Escocia, Portugal, Venezuela, EE.UU., México, Arxentina, Alemaña, Polonia, Suíza, Bélxica ou Andorra.
Grupos de Nova York e Dubai
Entre os grupos que visitaron o museo este mes, destacou o da rapazada e familiares congregados polo Trofeo Internacional Congalsa Solidaria, de fútbol base do Concello da Pobra do Caramiñal. O organizador do torneo, Julio Antonio Mariño Neira, acompañou aos 36 rapaces dos equipos Real Olé FC de Nova York e Fursan Hispania de Dubai, acompañados polos seus respectivos monitores Patrick Álvarez e Pablo Coira.

Un momento da visita do grupo internacional de escolares. / Cedida
Todos eles foron recibidos polo director do museo, Antonio González, a auxiliar de administración Dolores Devesa Casais, e a técnica, Sara Barbazán Domínguez, que actuou de intérprete.
González Millán asegura que este dato positivo de afluencia ao Museo Valle-Inclán é, probablemente, "un sinal da exploración que as persoas que visitan Galicia fan sobre lugares alén da masificación que degrada o sector turístico" e da busca "dos usos alternativos que ofrecen os museos, centros de interpretación e outras coleccións". Subliña ademais "o rol favorecedor destes recursos para progresar na desestacionalización dos fluxos de viaxeiros".
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas