A Deputación eloxia en Outes o "impulso veciñal" que conseguiu recuperar tras medio século a Feira dos Carros
As deputadas de Cultura, Natividade González, e Lingua, Sol Agra, reuníronse cunha representación da asociación que organizou a cita

Natividade González e Sol Agra, segunda e cuarta pola esquerda, con representantes da Asociación Veciñal Feira dos Carros de Cando. / Cedida
As deputadas de Cultura e Lingua da Deputación da Coruña, Natividade González e Sol Agra, respectivamente, reuníronse en Outes cunha representación da Asociación Veciñal Feira dos Carros de Cando, un encontro que lles permitiu coñecer máis de preto a súa actividade e no que destacaron o «impulso veciñal organizado» na recuperación das tradicións e na dinamización cultural.
As deputadas puxeron en valor o traballo da entidade, cun cento de persoas asociadas, sobre todo grazas ao pulo dunha xunta directiva na que é moi salientable o papel de xente moza.
«Grazas ao seu empeño, este ano recuperaron a tradicional Feira dos Carros, que levaba máis de cincuenta anos sen celebrarse, cun rotundo éxito de participación», subliñou Sol Agra.
«Para a Deputación da Coruña é moi importante seguir de preto, e apoiar no que sexa posible, entidades profundamente comprometidas coa cultura», expresou Natividade González.
As deputadas tamén reivindicaron a importancia do tecido veciñal nos concellos da provincia da Coruña, especialmente nos rurais, subliñando o papel «esencial» que xogan para a dinamización social e cultural.
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas