Buses cada hora nos días laborables: Barbanza, máis cerca de Compostela
Sae a licitación en 13,6 millóns a concesión do servizo
Haberá un servizo entre Aguiño e Rianxo con parada en todos os núcleos de paso

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, coa conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, este luns tras o Consello da Xunta. / Cedida
O Consello da Xunta autorizou este luns a contratación da concesión do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada da comarca do Barbanza por un importe de licitación de case 13,6 millóns de euros e cun prazo de duración previsto de catro anos e catro meses, polo que estaría vixente ata 2030.
Con esta concesión, a Xunta reestrutura o transporte interurbano na comarca cunha mellor adecuación ás necesidades reais de mobilidade da cidadanía. Deste xeito, mellórase o servizo de transporte público con máis frecuencias e mellores horarios e refórzanse as conexións directas entre a comarca do Barbanza e Santiago de Compostela.
Tamén se mellora a accesibilidade aos servizos esenciais como a sanidade e a educación coas conexións co hospital comarcal do Barbanza e cos institutos de Ribeira e Padrón.
Os servizos de transporte deste proxecto de explotación abarcan os concellos de Ames, Boiro, Dodro, Lousame, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, O Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela e Teo.
Unha vez rematada a tramitación publicarase a licitación na Plataforma de contratación pública de Galicia. Na redefinición dos servizos da nova concesión, un dos cambios máis relevantes materialízase no enlace entre a comarca e a capital galega.
Esta conexión realizarase cunha combinación de servizos directos por autoestrada entre Ribeira e Santiago complementados cun servizo entre Aguiño (Ribeira) e Rianxo, con parada en todos os núcleos de paso.
En conxunto, este deseño permite conectar a comarca do Barbanza con Santiago cada hora de luns a venres laborables e cada dúas horas os sábados, domingos e festivos.
O primeiro servizo será ás 06.00 horas desde Ribeira e o último ás 22.15 desde Santiago. Ademais, seis destes servizos diarios están adaptados ás quendas do persoal sanitario dos hospitais de Santiago e dous, de luns a venres, terán paradas en San Caetano e San Lázaro, en Santiago de Compostela.
As liñas directas contan con 30 servizos ao día, de luns a venres, e 18 en fins de semana.
No que se refire á conexión comarcal entre Aguiño e Rianxo, permite o enlace dos núcleos da comarca coas liñas directas na Ponte de Té, en Rianxo. Nesta mesma conexión comarcal, ofertaranse 60 servizos ao día de luns a venres e 36 nas fins de semana e festivos.
Por outra parte, amplíase e mellórase o transporte aos principais centros educativos da zona, con novos itinerarios e horarios axustados ás entradas e saídas, especialmente para resolver a problemática actual de falta de prazas no IES Leliadoura e para mellorar o servizo aos estudantes de Bacharelato e Formación Profesional.
Ademais, créase unha liña específica para o alumnado de Dodro que estuda nos institutos de Padrón. Tamén se introducen axustes nas liñas do eixo Ribeira-Noia-Santiago para mellorar a coordinación cos horarios escolares e reducir os tempos de espera, atendendo as solicitudes recibidas e de persoas usuarias.
A conexión entre as comarcas do Barbanza e Muros-Noia tamén se optimiza, adaptando frecuencias e horarios ás necesidades actuais. A nova concesión conta cun total de 48 vehículos destinados a dar servizo á zona, cinco máis que os actuais.
Ademais, para adecuar a capacidade do servizo á demanda existente, a maioría dos autobuses terán máis de 55 prazas, cun total de 28 destes vehículos, o que supón 21 máis que na concesión actual.
Canto ao volume de servizos, unha vez recalculados os itinerarios, circulacións e expedicións, a cifra de quilómetros anuais supera os 3 millóns. Trátase dos quilómetros que computan como servizo útil prestado incluíndo os tramos en baleiro e derivados dos axustes pola demanda e optimización da rede de rutas.
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas