Merelles inaugura o hotel Alda Corrubedo, con 23 habitacións
Intégrase na categoría Alda Plus, a submarca de maior nivel de Alda Hotels, orientada a viaxeiros que buscan un maior confort e servizos diferenciados

Pola dereita, Alberto Rodríguez, Xosé Merelles, José Ramón Romero e María Sampedro, ás portas do hotel Alda Corrubedo. / Cedida
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou este martes o novo hotel Alda Corrubedo, situado fronte ao porto de Corrubedo (Ribeira).
"Os clientes deste novo establecemento poderán gozar da praias, a paisaxe, o patrimonio mariñeiro e a autenticidade da súa xente, que os converten nun destino cada vez máis valorado por quen busca natureza, tranquilidade e experiencias de calidade”, sinalou Merelles.
O novo hotel conta con 23 habitacións. “É unha satisfacción asistir á apertura dun novo establecemento turístico, porque cada vez que un negocio deste tipo abre as súas portas estamos a falar de investimento, de creación de emprego e de persoas que deciden apostar polo futuro”, sinalou Xosé Merelles, quen felicitou os responsables da iniciativa polo seu compromiso coa comarca e co sector turístico galego.
O concello de Ribeira conta con 531 aloxamentos turísticos, que ofertan algo máis de 4.300 prazas; na comarca do Barbanza son case 1.200 establecementos, con máis de 9.500 prazas de aloxamento.
Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia puxo en valor a traxectoria de Alda Hotels, unha empresa fundada en Santiago de Compostela en 2009 que soubo consolidar un modelo de crecemento sostido e expansión mantendo a súa identidade galega. Na actualidade, a cadea conta con máis de 80 aloxamentos distribuídos por diferentes comunidades autónomas.
Neste sentido, destacou que proxectos como Alda Corrubedo “contribúen a reforzar a posición de Galicia como destino turístico de referencia”. O novo establecemento intégrase na categoría Alda Plus, a submarca de maior nivel da compañía, orientada a viaxeiros que buscan un maior confort e servizos diferenciados.
Na inauguración participaron tamén o responsable da cadea Alda Hotels, Alberto Rodríguez; a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro; e o rexedor de Boiro, José Ramón Romero.
Un enclave privilexiado
Situado fronte ao porto de Corrubedo e a escasos metros da praia, o novo aloxamento localízase nun dos espazos de maior atractivo turístico da comarca. A súa contorna inmediata inclúe o núcleo mariñeiro da localidade, as praias próximas e o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, un dos principais referentes ambientais de Galicia.
Ademais da oferta de aloxamento, o establecemento incorpora un novo espazo de coworking en colaboración co restaurante A nosa taberna, ampliando así os servizos dispoñibles para profesionais, equipos de traballo e visitantes que buscan combinar lecer e actividade laboral nunha contorna singular.
A apertura deste novo establecemento súmase aos investimentos impulsados pola Xunta para reforzar a competitividade turística desta comarca. Entre eles destacan os máis de 1,93 millóns de euros destinados ao proxecto de rehabilitación do faro de Sálvora como centro de interpretación, os 2 millóns de euros do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Ribeira Destino Litoral Sostible, a colaboración anual co xeodestino Barbanza-Arousa e o apoio ás celebracións locais como a Festa da Dorna.
Neste contexto, a incorporación de novos establecementos como Alda Corrubedo contribúe a ampliar a capacidade de acollida da comunidade e a seguir avanzando cara a un modelo turístico sustentable, competitivo e xerador de riqueza e emprego.
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Más de 400 vecinos disfrutan en el Cruceiro da Coruña de la primera sardiñada de la temporada en Santiago
- Esperan abrir el Pazo do Cotón en menos de 3 años: 'El proyecto hotelero más importante de Galicia a nivel de recuperación
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Cortizo y la UDC unen fuerzas para crear un máster que conecte universidad e industria en fachadas ligeras
- San Martiño Pinario revive el Santiago de 1976 con '50 anos aló': 'Esta festa creceu moito