Os alumnos da Escola de Música de Muros exhibirán o seu talento na rúa co festival Soa xuño
O programa inclúe intercambios musicais, concertos de fin de curso e outras actividades

Pola esquerda, Fernando do Campo, María Lago, Laura Rivadeneira e César Acuña. / Cedida
A alcaldesa de Muros, María Lago, presentou o festival Soa xuño, o programa de actividades da Escola Municipal de Música para este mes de xuño.
A rexedora estivo acompañada pola concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira; o director da Escola Municipal de Música, César Acuña; e o profesor Fernando do Campo.
"O programa inclúe intercambios musicais, concertos de fin de curso e outras actividades que permitirán ao alumnado compartir co público o traballo realizado ao longo do curso", destacou Lago.
Laura Rivadeneira destacou o apoio do Concello á Escola Municipal de Música “e ao importante labor educativo que desenvolve ao longo de todo o ano”.
César Acuña sinalou que “a aprendizaxe musical vai moito máis alá da aula”, poñendo en valor os concertos e intercambios como unha parte fundamental da formación do alumnado.
Ao longo deste mes, a música será protagonista en diferentes espazos do concello, amosando o talento, o esforzo e a dedicación do alumnado da escola.
Os intercambios musicais terán lugar co Artón (Esteiro), o sábado 6, e coa Pobra do Caramiñal, o sábado 13.
O xoves 18, ás 19.00 horas no auditorio, terá lugar o concerto do cuarteto Biselas, dirixido ao alumnado da Escola de Música de Muros.
O concertos de fin de curso terán lugar este xoves 4 (de piano, guitarra, canto e música tradicional, na Praza da Pescadería); o xoves 11 (de música moderna, no Curro da Praza); o venres 12 (do combo de adultos, no local da Esteirana); e o martes 16 (de piano, guitarra, canto e batería, na local da Esteirana). Estas catro actuacións serán ás sete da tarde.
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Más de 400 vecinos disfrutan en el Cruceiro da Coruña de la primera sardiñada de la temporada en Santiago
- Esperan abrir el Pazo do Cotón en menos de 3 años: 'El proyecto hotelero más importante de Galicia a nivel de recuperación
- San Martiño Pinario revive el Santiago de 1976 con '50 anos aló': 'Esta festa creceu moito
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Cortizo y la UDC unen fuerzas para crear un máster que conecte universidad e industria en fachadas ligeras