Once obras de Ribeira, Outes, Rianxo, Teo e Santiago reciben o aplauso do gremio da arquitectura
Unhas 200 persoas asistiron á entrega dos Premios Próximos no Teatro Principal de Compostela

Autoridades e galardoados cos Premios Próximos, na gala celebrada no Teatro Principal de Santiago. / Cedida
Redacción
A delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrou este sábado no Teatro Principal de Compostela o acto de entrega de diplomas da segunda edición dos Premios Próximos, ao que asistiron unhas 200 persoas.
Na entrega participaron o decano do COAG, Luciano Alfaya; o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e o presidente do COAG Santiago, Ángel Cid.
Na gala actuou a cantante Guadi Galego, co acompañamento musical da chelista Margarida Mariño.
Ángel Cid destacou que "este certame pon en valor as capacidades colectivas dos arquitectos e arquitectas e de todos os profesionais que participan nos procesos construtivos".
"Estes premios non son unha competición na que se resalta o valor icónico dunha obra, senón unha mostra significativa do que se está a facer para trasladalo á sociedade como resultado dun esforzo colectivo”, engadiu.
O presidente dos arquitectos composteláns felicitou os dez estudos de arquitectura premiados con once traballos "que son unha mostra sólida e irrefutable da calidade da arquitectura que nestes momentos se está a desenvolver no noso territorio máis próximo".
“Próximos é a reivindicación do traballo dos pequenos estudos que, con enorme esforzo e nun contexto moi pouco favorable, constrúen a mellor arquitectura que, peza a peza, se incorpora ao noso territorio. É unha maneira de abordar o proceso de construír, desde o compromiso persoal e colectivo con calidade en maiúsculas e a construción dun país. É un ecosistema no que arquitectos, fabricantes, construtores e promotores tecen complicidades que fan posible que, con recursos escasos, se poidan construír pequenas xoias", dixo Cid.
Sinalou ademais que este recoñecemento "é a reclamación de que os importantes procesos de transformación que afectan ás nosas cidades, vilas e territorio teñan en conta algo máis que as urxencias e os beneficios a curto prazo. Próximos é dicirlle á sociedade na que vivimos que os atallos non funcionan e que as solucións aos nosos problemas comúns só poden ser resoltos desde a complexidade. Próximos é mostrarlles que construír un mundo mellor é posible se asumimos o reto”.
Pola súa parte, Luciano Alfaya apuntou que "a magnífica arquitectura premiada vai moito máis alá da calidade do deseño, da construción e do proceso de execución da cada unha das obras. Premiamos unha arquitectura con compromiso coa cidade, coas persoas e co Planeta, xa que non hai outra maneira de facer arquitectura”, asegurou.
O decano engadiu un apunte reivindicativo, posto que estas distincións recoñecen tamén un proceso económico de forte impacto na sociedade. “Detrás de cada obra de arquitectura hai moitas familias cuxo sustento depende delas, non só arquitectos”, indicou.
Ademais, Luciano Alfaya explicou que "nun tempo no que a problemática da vivenda é tan apremiante, a mirada desde a arquitectura cobra un especial protagonismo e é necesario reivindicar unha visión técnica naqueles organismos que deciden cal é a forma das cidades, os criterios de construción, as decisións de mobilidade, as estratexias de rehabilitación e as maneiras de ordenar e preservar o territorio".
“Reivindicamos colectivamente a importancia da visión da arquitectura, e dos propios arquitectos e arquitectas, na planificación do espazo que habitamos”, manifestou.
Estes galardóns recoñecen obras e proxectos de arquitectos, promotores e outros axentes realizados na demarcación colexial, onde se engloban 32 concellos do sur da provincia da Coruña, é dicir, municipios das áreas de Compostela e Barbanza.
Un total de 40 propostas presentáronse a esta convocatoria dos premios, das cales o xurado, composto polos arquitectos Sergio Sebastián Franco, Cristina García Fontán e Ricardo Sánchez Lampreave, elixiu finalmente 11 obras gañadoras.
Entre as actuacións galardoadas figura o centro de hidroterapia de Albeida (Outes), deseñado por Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñares Túñez (do estudo Salgado e Liñares S.L.P.).
Tamén resultou distinguido o apeadoiro de autobuses de Ribeira, ubicado na avenida do Malecón, deseñado por Santiago Rey Conde e Ismael Ameneiros Rodríguez.
Igualmente resultou galardoada a rehabilitación do Pazo do Martelo de Rianxo, deseñada por Sandra González Álvarez.
Tamén foi premiada a reforma da escola infantil de Cacheiras (Teo), deseñada por Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela (de Arrokabe S.L.P.).
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- Santiago y sus rincones secretos: ya puedes inscribirte en las visitas de la Semana del Patrimonio Invisible
- Muere a los 102 años 'la señora Trini', fundadora de Casa Mallou y un referente en Amio: «Es una noticia muy triste para el barrio»
- Galicia se enfrenta a una nueva jornada de calor extremo: la Xunta mantiene la alerta roja por temperaturas de 40 grados
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro