A Xunta exporá o venres o proxecto da senda peonil e ciclista que unirá Noia, Taramancos e Boa
Terá unha lonxitude de 1,6 quilómetros e contará cun investimento de 1,6 millóns de euros

Belén do Campo, no centro, xunto ao alcalde de Noia, nun punto da estrada na que se fará a senda peonil e ciclista. / Cedida
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, visitou este luns a zona na que se construirá unha senda peonil e ciclista paralela á estrada AC-550 ao seu paso polo concello de Noia, cun investimento de máis de 1,6 millóns de euros.
Do Campo informou que este venres 12 iniciarase o trámite de información pública do proxecto, aprobado provisionalmente polo Consello da Xunta, e destacou a importancia dunha intervención que permitirá mellorar a seguridade viaria, fomentar unha mobilidade máis sostible e favorecer os desprazamentos a pé e en bicicleta entre os núcleos de Noia, Taramancos e Boa.
Segundo indicou a delegada da Xunta, o proxecto sométese agora a información pública durante un prazo de 30 días, tanto aos efectos previstos na Lei 8/2013, de estradas de Galicia, como para a tramitación expropiatoria necesaria para a execución das obras. A actuación require a expropiación de 33 parcelas no termo municipal de Noia.
Belén do Campo lembrou que o obxectivo da Xunta é aprobar definitivamente o proxecto de trazado durante o terceiro trimestre deste ano e contar co proxecto construtivo no último trimestre de 2026, co fin de avanzar na licitación dunha infraestrutura que terá un prazo estimado de execución de dez meses.
Un itinerario seguro e accesible
Belén do Campo explicou que o obxectivo desta actuación é habilitar un itinerario seguro e accesible que dea resposta a unha demanda histórica da veciñanza, nunha contorna con elevada intensidade de tráfico e na que actualmente moitos peóns se ven obrigados a transitar por zonas con limitadas condicións de seguridade.
A senda executarase en dous treitos independentes paralelos á AC-550 nun tramo total de 1,6 quilómetros. O primeiro desenvolverase entre os puntos quilométricos 74+570 e 75+635, pola marxe esquerda da vía, conectando o núcleo urbano de Noia, onde rematan actualmente as beirarrúas, co lugar de Taramancos.
O segundo treito discorrerá pola marxe dereita da estrada, entre os puntos quilométricos 76+550 e 77+090, unindo a contorna de Taramancos coa baixada á praia de Boa.
O proxecto contempla a execución dunha senda de uso compartido peonil e ciclista, cun ancho superior aos dous metros, cunha beiravía de 1 metros de ancho elevada 4 centrímetros sobre a beiravía, e cun pavimento de 14 centrímetros de espesor en cor terriza, incorporando ademais medidas específicas de accesibilidade.
Entre elas inclúense pavimentos podotáctiles nos cruces con outras estradas, nas ramplas e nas paradas de autobús, así como sinalización adaptada para facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade visual.
A actuación inclúe tamén diversas obras complementarias destinadas a garantir a funcionalidade e seguridade do itinerario, como a pavimentación de accesos e entradas a parcelas, actuacións de drenaxe, reposición de firmes e adaptación de servizos afectados.
Neste ámbito, prevese o traslado da parada de autobús situada no punto quilométrico 75+440 a unha localización máis accesible, así como a substitución da marquesiña existente para mellorar o servizo aos usuarios do transporte público.
A delegada concluíu destacando que esta actuación se enmarca na estratexia do Goberno galego para impulsar unha mobilidade máis segura, saudable e respectuosa co medio ambiente, mellorando a conectividade entre núcleos urbanos e rurais, reforzando a cohesión territorial e contribuíndo á mellora da calidade de vida da cidadanía.
O proxecto conta co financiamento do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027.
A delegada tamén informou ao rexedor de Noia, Francisco Pérez, que a Xunta está a realizar un importante esforzo en investimento en conservación de estradas da rede autonómica no 2026 cun récord histórico, con 71,6 M€.
Belén do Campo recalcou que se trata "do maior investimento da historia da Xunta en materia de conservación e mantemento viario, reforzando así un modelo baseado na planificación, a seguridade viaria e a mobilidade segura en todo o territorio galego”.
Neste senso lembrou que Galicia conta cunha rede autonómica de preto de 5.500 quilómetros, polo que a conservación constitúe “unha prioridade estratéxica” para garantir a conectividade, a competitividade económica e a cohesión territorial.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»