Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

RIBEIRA

Ambar promove a integración a través do deporte, a cultura e a convivencia

Os fondos do 0,7 % do IRPF impulsan novos proxectos inclusivos

A navegación a vela é unha das actividades que promove Ambar.

A navegación a vela é unha das actividades que promove Ambar. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional puxo en marcha o programa de lecer, cultura e deportes inclusivos grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF xestionado por Cogami.

O obxectivo desta actividade é promover a inclusión social das persoas con diversidade funcional a través do deporte e do ocio, creando ademais oportunidades de convivencia con outras persoas e axentes da comunidade.

Cohesión social

O proxecto xorde da necesidade de afondar na inclusión dende a perspectiva da cohesión social entre diferentes axentes, fomentando a autonomía das persoas no seu contorno próximo e evitando a institucionalizaión das persoas con diversidade en actividades illadas. Por esa razón, o proxecto articúlase a través da participación tanto de persoas mozas como doutros membros da comunidade fomentando así as relacións sociais e o apoio mutuo.

Grazas a esta axuda tamén foi posible realizar o proxecto Adecuación e mellora do centro Talentos Diversos. Ambar conseguirá a través deste programa promocionar a inclusión das persoas con diversidade funcional tanto a través de actividades deportivas, de ocio e inclusión social, como con formacións para o emprego inclusivo, impartidas no seu centro Talentos Diversos.

Tracking Pixel Contents