PEREGRINACIÓN
A Traslatio regresa a Ribeira para rememorar a chegada do Apóstolo
A conmemoración celebrarase o 20 de xuño pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

Javier Sánchez-Agustino e Ana Barreiro presentando a Traslatio en Ribeira. / Cedida
Ribeira volverá acoller a Traslatio que conmemora a viaxe que fixo o corpo do Apóstolo Santiago dende Palestina ata a costa galega.
A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla seleccionou o municipio ribeirense para a cuadraxésima edición da conmemoración deste periplo que terá lugar o sábado, 20 de xuño, como anunciaron a concelleira de Turismo, Ana Barreiro, e o presidente da Fundación, Javier Sánchez-Agustino.
Para a edil, esta conmemoración tamén ten "un importante valor dende o punto de vista cultural, paisaxístico e medio ambiental pola riqueza da ría da Arousa e o seu vínculo coa tradición xacobea no traslado dos restos de Santiago por estas augas e subindo o río Ulla. De feito, esta é unha variante do Camiño Portugués pola vía marítima e fluvial e son moitos os peregrinos que optan tamén por vivir esta experiencia".

Sánchez-Agustino e Barreiro presentaron a nova edición da Traslatio. / Cedida
Barreiro tamén se referiu á "honra" de que Ribeira albergue novamente a conmemoración da Traslatio despois de 14 anos, pois "o noso concello sitúase na bocana da ría, nunha posición estratéxica, e poderemos vivir esta experiencia de maneira completa percorrendo todo o mar de Arousa e Ulla que conta co único vía crucis marítimo-fluvial integrado por 17 cruceiros, un deles en Ribeira, que é o de Bandourrío."
Doutra banda, Sánchez-Agustino referiuse á Traslatio como "o primeiro dos Camiños. Sen o traslado dos restos, non hai fenómeno da peregrinación", razón pola que a Fundación naceu en 1965 e á que o Concello de Ribeira se adheriu no 1999. Agora, o 20 de xuño "teremos a oportunidade de repetir a singradura da barca apostólica" que contará con aproximadamente 500 peregrinos en diferentes embarcacións con saída das distintas localidades costeiras da ría.
Acto institucional na lonxa
O programa previsto para esta xornada inclúe un acto institucional na sala da lonxa ribeirense, ás 16.00 horas, para despois emprender dende o porto, ás 17.30 horas, a ruta marítimo-fluvial que remontará o río Ulla ata Padrón-Pontecesures onde, arredor das 19.30 horas, se oficiará a bendición dos barcos cun novo acto institucional para xa, sobre as 20.00 horas, emprender o regreso a Ribeira.
As persoas interesadas poderán retirar a súa entrada nominativa para embarcar no catamarán a partir do luns, 15 de xuño, de 09.00 a 13.30 horas, na oficina de Turismo do Malecón.
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Netflix regresa a Galicia con la serie que acerca la historia real de la narcotraficante detrás del mayor alijo de cocaína incautado en los 90
- Una heladería de Santiago, entre las favoritas de los mejores heladeros de España
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- El rincón marinero a 40 minutos de Santiago donde veranea Christian Gálvez: paseos de dos kilómetros junto al mar, el mejor marisco y un jardín único en Europa
- Burger King cancela su colaboración con el gallego El Xocas: 'Sus declaraciones no representan los valores que defendemos
- El Santiago que no pudo ser: así habría cambiado la ciudad con la gran avenida que iba a unir Porta Faxeira con el Obradoiro
- El juzgado admite a trámite una demanda de Galicia y Andalucía contra la Federación Española de Pesca por excluirlas del mapa de campeonatos nacionales