Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FORMACIÓN

O alumnado do obradoiro Torre Goiáns mellorará praias, montes e patrimonio de Boiro

A Xunta destina 467.000 euros a unha iniciativa que combina formación e experiencia laboral

Alumnos, monitores e representantes políticos no acto inaugural do obradoiro.

Alumnos, monitores e representantes políticos no acto inaugural do obradoiro. / X. G.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e polo director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, participou na inauguración da quinta edición do obradoiro de emprego dual Torre Goiáns V, que formará 20 persoas desempregadas do municipio nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e instalación de elementos de carpintería.

Do Campo destacou que este obradoiro supón "unha oportunidade real para mellorar a empregabilidade e adquirir experiencia profesional nun contorno de traballo real", ao tempo que lembrou que os participantes recibirán formación teórica e práctica, estarán contratados mediante un contrato para a formación e obterán un certificado de profesionalidade con validez en todo o territorio nacional.

Belén do Campo durante su visita a Boiro.

Belén do Campo durante su visita a Boiro. / X. G.

A Xunta destina a esta edición un investimento total de 467.000 euros, dos que case 34.000 euros están reservados para sete incentivos á contratación por parte das empresas e do Concello unha vez finalizada a formación.

Na provincia da Coruña xa están aprobados 20 obradoiros de emprego, cun investimento próximo aos 10 millóns de euros, que benefician a arredor de 400 alumnos e alumnas. Na comarca do Barbanza, están aprobados catro programas en Boiro, Noia-Lousame-Outes, Muros e Ribeira con Porto do Son, cunhas achegas de preto de 2 millóns de euros e ofrecen formación a 80 persoas desempregadas.

Actuacións de mellora ambiental, patrimonial e social

Ao longo dos próximos meses, o alumnado desenvolverá actuacións de especial relevancia para o municipio de Boiro. Entre os traballos previstos figuran actuacións de consolidación de frondosas e tratamentos silvícolas destinados á conservación e fortalecemento dos espazos forestais, así como a limpeza das faixas secundarias de protección para mellorar a prevención dos incendios forestais.

Os participantes tamén actuarán no Camiño A Orixe, onde realizarán labores de conservación, mantemento e acondicionamento, ademais da mellora da sinalización mediante a instalación de sinais orientativos e paneis informativos que facilitarán o percorrido ás persoas visitantes.

Melloras en centros sociais

Pola súa banda, o alumnado da especialidade de carpintería participará na integración de elementos de madeira no Pazo de Goiáns, contribuíndo á posta en valor dun dos principais referentes patrimoniais do municipio. Ademais, realizarán actuacións de mellora nas instalacións e nos elementos de carpintería dos centros sociais municipais.

No ámbito das infraestruturas turísticas e ambientais, está prevista a mellora e creación de pasarelas nas praias de Barraña, Carragueiros e Mañóns, co obxectivo de reforzar a accesibilidade, a seguridade e a protección da contorna natural.

Tracking Pixel Contents