FEIRA
Ribeira convértese esta fin de semana no escaparate do vehículo híbrido e eléctrico
A Praza de España acolle a oferta de dez concesionarios e trece marcas

Fernández Vila, terceiro esquerda, Francisco Martínez e María Sampedro, no acto inaugural. / X.
Ribeira acolle esta fin de semana a VII Feira do vehículo híbrido e eléctrico, na que participan dez concesionarios e trece marcas. Estará aberta ao público na Praza de España ata o domingo, de 11.00 a 20.00 horas, con entrada gratuíta.
O acto inaugural estivo presidido pola alcaldesa, María Sampedro, o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez Gude, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, quen apuntou que se Galicia quere avanzar na descarbonización da súa economía "a transición ao ecosistema de mobilidade eléctrica e conectada é fundamental".
Vehículos menos contaminantes
Fernández Vila lembrou que o Goberno galego está a facer unha clara aposta por incentivar a compra de vehículos menos contaminantes e eficientes a través do programa Renova o teu vehículo, que na última edición axudou a que os datos de matriculacións nos catro primeiros meses do ano en Galicia tiveran un repunte do 25%, tres veces máis que a media nacional.
Aproveitou para subliñar que os apoios da Administración autonómica esténdense a todo o sector da automoción e non só ao consumidor final, grazas a un Plan director que se articula en torno a 67 medidas e que conta cun orzamento que supera os 230 millóns de euros.
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- La historia de Pablo Agrafojo Pedrosa, cantante de la Orquesta Capitol que cambió el taller por la verbena
- El cementerio gallego que opta a ser el mejor camposanto de España: 'Una nueva forma de entender los espacios funerarios
- La playa gallega que enamora a Javier Ambrossi y Macarena García: a una hora y media de Santiago y con atardeceres de postal
- El restaurante de Santiago para comer caldo, raxo y tarta por menos de 20 euros: un icono de 95 años que nació de una historia de amor
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- ¿Estuviste disfrutando de la final del Mundial en Praza Roxa? Búscate en las imágenes del partido
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: ¿Quién se va unir a esta lista del siglo XXI el 22 de julio?