Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS SOCIAIS

Ribeira impulsa unha guía dixital de recursos de atención á infancia e á adolescencia

As entidades poden achegar información sobre os seus programas ata o 5 de xullo

Casa consistorial de Ribeira.

Casa consistorial de Ribeira. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A Mesa Local da Infancia e Adolescencia de Ribeira (MIA), coordinada pola Concellería de Servizos Sociais, inicia unha campaña de recollida de información para a elaboración da primeira Guía de recursos de atención á infancia e adolescencia.

Será un material gratuíto en formato dixital, ao servizo da cidadanía, que será difundido dende o Concello de Ribeira unha vez editado.

Convite de participación

Durante a primeira fase de recollida da información, as persoas representantes de cada comisión enviarán un convite de participación ás distintas entidades que atenden á infancia e adolescencia no municipio.

Aquelas que desexen difundir os seus programas a través da guía, teñen a oportunidade de participar cubrindo un formulario online antes do 5 de xullo, dispoñible no seguinte enderezo: https://forms.gle/DNHKMwGrap2pE9Dg9.

Tracking Pixel Contents