Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Ribeira reforza este verán o transporte público á praia do Vilar

O servizo funcionará nos meses de xullo e agosto con varias frecuencias en horario de tarde

O servizo á praia do Vilar estará operativo os meses de xullo e agosto.

O servizo á praia do Vilar estará operativo os meses de xullo e agosto. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

O Concello de Ribeira acordou coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a UTE XG-847 a implantación dun Servizo de Interese Municipal (SIMU) que reforzará durante este verán a conexión de transporte público coa praia do Vilar.

A Administración local terá que facer unha achega máxima de 10.053,30 euros. A alcaldesa, María Sampedro, explica que "somos conscientes de que a praia do Vilar é un dos nosos maiores reclamos turísticos e son moitas as persoas, tanto veciños como visitantes, que se desprazan a esta paraxe de gran riqueza medioambiental durante o verán para gozar dos paseos pola contorna e do areal".

Aliviar o tráfico na zona

Nas proximidades, engade, rexístrase un elevado volume de vehículos, polo que, "para avanzar na mobilidade nesta área, o Concello de Ribeira asina este convenio que posibilitará viaxar ata o areal sen necesidade de utilizar o coche durante os meses de xullo e agosto, con diversas frecuencias en horario de tarde".

A medida pretende aliviar o número de vehículos particulares nas inmediacións e que todo o mundo, tamén quen non dispoña de vehículo propio, poida gozar do Vilar.

O acordo busca dar resposta a unha necesidade de mobilidade colectiva dentro do concello mellorando a oferta de servizos que presta o actual sistema de transporte público, ademais da vantaxe que suporá para a promoción turística de Ribeira un avance no traslado de viaxeiros por estrada e, en consecuencia, a diminución da conxestión viaria.

Tracking Pixel Contents