Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Agadea construirá en Boiro a primeira residencia de maiores do municipio

O Concello cede á asociación un terreo municipal no lugar do Saltiño

O alcalde e a presidenta de Agadea amosando imaxes virtuais da futura residencia.

O alcalde e a presidenta de Agadea amosando imaxes virtuais da futura residencia. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O Concello de Boiro e a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (Agadea) veñen de asinar un acordo para a cesión dunha finca municipal na que a entidade sen ánimo de lucro vai construír a que será a primeira residencia para persoas maiores do municipio.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, presentaron o proxecto xunto con Isabel Gey, presidenta da entidade.

Agadea Hábitat: O Saltiño é un proxecto residencial de 39 prazas distribuído en planta baixa, primeira e segunda planta, cunha localización privilexiada. En palabras de Isabel Gey: "Será un centro aberto á comunidade, cunha ubicación urbana e accesible, a escasos 2 minutos do centro de saúde".

A presidenta de Agadea, esquerda, e o alcalde, á dereita, na presentación do proxecto.

A presidenta de Agadea, esquerda, e o alcalde, á dereita, na presentación. / Cedida

Para a construción do centro residencial de maiores o Concello vén de ceder a favor de Agadea un terreo municipal de 3.389 metros cadrados situado no lugar do Saltiño por un período de 50 anos prorrogable outros 25.

O investimento previsto é de 2.411.000 euros e o servizo dotarase de persoal técnico especializado propio de Agadea para a súa xestión, e requirirá de contratacións de persoal multidisciplinario de aproximadamente 17 persoas.

Unha demanda veciñal

"Vimos de facer realidade, da man de Agadea, unha das principais demandas e necesidades da veciñanza de Boiro, unha residencia da terceira idade mediante a cesión dun terreo municipal a unha entidade sen ánimo de lucro para a súa construción e xestión", afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Trátase do primeiro centro residencial de persoas maiores do municipio, que dará cobertura, principalmente, á veciñanza de Boiro. Este centro estará interconectado e complementado co centro Agadea Hábitat que a entidade está a desenvolver en Praia Xardín para completar un itinerario de atención ás persoas maiores do concello, teñan ou non demencia.

Tracking Pixel Contents