EXPERIENCIAS BOVIÑO
Profesionais do viño, da hostalaría e do turismo crean sinerxías en Boiro
A Deputación destaca o papel do LAB Barbanza como espazo de innovación

O alcalde de Boiro, no centro, e a deputada Rosa Ana García no acto inaugural. / D. C.
O LAB Barbanza acolleu as Experiencias BoViño, que reuniron en Boiro profesionais do viño, da hostalaría e do turismo para compartir experiencias, crear novas conexións e abrir oportunidades de colaboración arredor dun sector con forte arraigo no territorio.
Os Encontros no Viveiro – Experiencias BoViño nacen coa vontade de poñer en valor o patrimonio vitivinícola da zona, dar visibilidade aos viños producidos na comarca e favorecer a relación entre adegas, profesionais da restauración, proxectos turísticos e persoas emprendedoras.
Cultura empresarial e talento local
No encontro, promovido polo Concello de Boiro e a Deputación da Coruña, participaron tamén o alcalde, José Ramón Romero, e a deputada provincial de Industria, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García. Ambos destacaron a importancia de apoiar iniciativas que conectan produto, territorio, cultura empresarial e talento local.
"O sector vitivinícola é un bo exemplo de como a tradición pode transformarse en oportunidade cando se combina con innovación, profesionalización e capacidade emprendedora. O viño xera actividade económica, impulsa a hostalaría, reforza o turismo e contribúe a crear identidade arredor dun territorio", afirmou Rosa Ana García.
Subliñou que a provincia conta con proxectos vinculados ao rural que precisan apoio, acompañamento e espazos para compartir coñecemento. Nese sentido, sinalou o papel do LAB Barbanza como un exemplo do modelo que a Deputación promove a través da Rede Provincial de Coworking.
Novas iniciativas
"O LAB Barbanza demostra que o emprendemento non ten que concentrarse só nos grandes núcleos urbanos. Desde espazos coma este acompañamos proxectos, axudamos a crear sinerxías e oportunidades para que novas iniciativas empresariais poidan consolidarse e medrar", apuntou.
A Deputación da Coruña enmarca esta colaboración na súa estratexia de apoio ao emprendemento, á creación de emprego e á dinamización económica local, que desenvolve a través do Plan de Emprego Local e da Rede Provincial de Coworking.
Doce espazos especializados
Esta rede, da que forma parte o LAB Barbanza desde o ano 2018, consolidouse como unha das principais ferramentas provinciais para acompañar proxectos empresariais, especialmente nos concellos de menor tamaño e nas comarcas rurais.
Actualmente, a Rede Provincial de Coworking está formada por 12 espazos especializados distribuídos por toda a provincia. Neles ofrécese asesoramento, formación, infraestruturas, acompañamento técnico e apoio á creación de sinerxías entre persoas emprendedoras, empresas e administracións locais.
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- La historia de Pablo Agrafojo Pedrosa, cantante de la Orquesta Capitol que cambió el taller por la verbena
- El cementerio gallego que opta a ser el mejor camposanto de España: 'Una nueva forma de entender los espacios funerarios
- La playa gallega que enamora a Javier Ambrossi y Macarena García: a una hora y media de Santiago y con atardeceres de postal
- El restaurante de Santiago para comer caldo, raxo y tarta por menos de 20 euros: un icono de 95 años que nació de una historia de amor
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- ¿Estuviste disfrutando de la final del Mundial en Praza Roxa? Búscate en las imágenes del partido
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: ¿Quién se va unir a esta lista del siglo XXI el 22 de julio?