A Festa do Percebe de Aguiño xa ten data
A cita gastronómica, declarada de Interese Turístico de Galicia, celebrarase o domingo dous de agosto

María Sampedro e José Antonio Santamaría, co cartel da Festa do Percebe, na presentación. / Cedida
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, presentaron este mércores a XXVII Festa do Percebe de Aguiño, que se desenvolverá na explanada portuaria desta localidade, a carón da lonxa, o domingo dous de agosto.
A rexedora dixo que esta cita gastronómica, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, "converte Aguiño na capital mundial do percebe, cun produto de excelente calidade, do noso territorio".
Sampedro engadiu que o Concello "continúa traballando na difusión desta festa e posta en valor deste recurso mariño para aspirar nun futuro a acadar o selo de Festa de Interese Turístico Nacional".
Pola súa parte, o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, referiuse á importancia do "rei do mar" para Aguiño a nivel económico e tamén social. "Vivimos case toda a parroquia do percebe", apuntou.
No transcurso da festa agárdase repartir unha tonelada deste crustáceo a un prezo similar ao doutros anos, que dependerá das poxas nos días previos, segundo aclarou o patrón maior, José Antonio Santamaría.
Os percebes capturaranse na zona norte, comprendida entre Falcoeiro e Basoñas, tal e como precisou o presidente da agrupación de mariscadores do pósito, Manuel Ángel Reiriz.
A confraría atópase actualmente perfilando os detalles desta vixésimo sétima edición, entre eles, os nomes das persoas que serán recoñecidas co título de Percebeiros de Honra.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- El Río Breogán vence al Monbus Obradoiro y se enfrentará al Leyma Coruña en la final de la Copa Galicia
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3