O areal sonense do Cruceiro estreará en xullo un refuxio climático
O Porto do Son participa, xunto con Baiona e Viveiro, nun proxecto piloto de praias inclusivas

Pola esquerda, María del Carmen Gueimunde, Luís Oujo e Jesús Vázquez Almuíña, con Ángeles Vázquez. / Cedida
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asinou este mércores cadanseu convenio de colaboración cos alcaldes de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña; O Porto do Son, José Luis Oujo; e Viveiro, María del Carmen Gueimunde, para a execución do proxecto piloto de praias inclusivas nos seus concellos.
Trátase da instalación de estruturas climáticas sostibles e integradas na paisaxe que servirán de refuxio ás persoas con problemas de mobilidade en caso de condicións climáticas adversas, como poden ser vagas de altas temperaturas.
O obxectivo é que estas instalacións climáticas estean á disposición da cidadanía no vindeiro mes de xullo.
O Concello do Porto do Son propuxera dúas praias: a do Cruceiro (no núcleo urbano do Porto do Son) e a de Coira (no núcleo de Portosín). Finalmente, elixiuse a do Cruceiro, por ser o areal urbano do Porto do Son, por contar cun gran parque infantil nas inmediacións e por dispor de todos os servizos, entre outras razóns.

Imaxe de arquivo da praia do Cruceiro do Porto do Son. / Turismo.gal
Esta iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que conta cun orzamento de 85.000 euros, contribúe a dar resposta a exixencias vinculadas a distintivos de calidade ambiental, como a Bandeira Verde e a Bandeira Azul, xa que melloran as condicións de accesibilidade, sostibilidade e confort nos espazos públicos.
Nese senso, con esta actuación avánzase na creación de contornas máis inclusivas, resilientes e adaptadas ás necesidades da cidadanía, promovendo a igualdade de oportunidades no uso do espazo público.
En concreto, estas estruturas climáticas contarán con accesos sen barreiras arquitectónicas, espazos amplos que permiten a mobilidade de persoas usuarias de cadeiras de rodas, sinalización táctil e visual adaptada, zonas de descanso accesibles e elementos que favorecen a orientación e seguridade.
Este proxecto piloto, que se enmarca nas iniciativas que a Xunta está a poñer en marcha no marco da Lei de xestión e ordenación integrada do litoral de Galicia (Loxilga), é unha mostra máis da aposta do Goberno galego por uns servizos de tempada de calidade e respectuosos coa paisaxe e co ambiente.
De feito, para este 2026, o primeiro xestionado de forma íntegra pola Xunta, outorgáronse títulos habilitantes para case 800 servizos e instalacións, tanto no dominio público marítimo-terrestre como en servidume de protección, para postos de praia, terrazas, casetas de salvamento, duchas e pasarelas, hamacas, antucas, hidropedais, caiacs, escolas de surf, etc.
No caso concreto dos postos de praia, e no marco desa aposta por impulsar medidas de mellora ambiental e paisaxística do litoral, o Goberno galego fixo un concurso de ideas para deseñar un prototipo que sirva de modelo para que estes establecementos hostaleiros sexan máis sostibles, eficientes, accesibles e integrados na paisaxe litoral.
De feito, a maiores, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou unha liña de axudas para impulsar prácticas sostibles neste tipo de establecementos.
Todas estas iniciativas desenvolven o obxectivo da Loxilga de ordenar os usos do dominio público marítimo-terrestre desde unha tripla perspectiva: ambiental, social e económica, garantindo a protección dos ecosistemas costeiros e un desenvolvemento sostible.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»