Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ribeira abre a Fiestra da Cultura con trinta propostas de música, maxia, arte, feiras e narración oral

A programación estival comezará o vinte de xuño co concerto acústico de Chuches Amil, ao mediodía no centro cultural Lustres Rivas

Unai González, Ana Barreiro e Sara García, na presentación do programa Fiestra da Cultura.

Unai González, Ana Barreiro e Sara García, na presentación do programa Fiestra da Cultura. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

O Concello de Ribeira lanza a trixésima edición da Fiestra da Cultura, un programa integrado por preto dunha trintena de propostas dirixidas a todos os públicos para este verán.

Música, maxia, arte, espectáculos ou narración oral son algunhas das propostas das que poderán gozar veciñanza e visitantes dende xuño ata setembro.

A concelleira da Cultura, Ana Barreiro, explicou que "abrimos a fiestra a un amplo abano de citas que buscan que sigamos gozando da cultura dende xuño a setembro en todos os recunchos de Ribeira".

Na presentación tamén participaron os técnicos municipais de Cultura: Unai González e Sara García.

Calendario de actividades

O programa comeza coa sesión musical Concerto acústico, de Chuches Amil, o 20 de xuño, ás 12.00 horas, no centro cultural Lustres Rivas.

Tamén terán lugar os concertos Alvela, de Faia, o 28 de xuño, e Grandes iconas, da Orquestra Sons, o 5 de xullo, en ambos os casos ás 20.00 horas no auditorio.

No apartado de festivais enmárcanse o de baile de Tahúme, o 20 de xuño; o da Asociación Alfaia, o 21; e o Mimarte Fest a favor de Ambar, o 26 (nos tres casos ás 20.00 horas no auditorio), así como o Festival Son’s da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, o 27 de xuño, ás 21.30 horas, no exterior da casa da cultura de Aguiño.

A III Noite Tradi (o 11 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Porta do Sol); o Festival da Escola de Baile El Tomasón (o 23 de agosto, ás 20.00 horas, no auditorio); o XVI Festival Salsa na Rúa (os días 28 e 29 de agosto, todo o día, no Paseo do Malecón e na rúa Alcalá Galiano); e a quinta edición do Etal Equakl Festival (os días 5 e 6 de setembro, todo o día, na Praza de Teruel), son as outras cita estivais coa música.

En canto aos espectáculos, haberá maxia con O camiño do afiador, do Mago Teto, o 20 de xuño, ás 21.00 horas, na Praza da Porta do Sol; e con Flash!, de Dani García, o 4 de xullo, ás 22.00 horas, na mesma praza.

Tampouco faltará o circo, con Cirqueiras, o 25 de xullo, ás 22.00 horas, na praza consistorial; e O último que apague a luz, de A vela circo, o 22 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza da Porta do Sol.

Xa pensado para o público familiar, contarase con Cabicivai, de Pablísimo, o 29 de xullo, e Brinca vai, de Paco Nogueiras, o 30 de xullo, en ambos os casos ao mediodía na Praza da Porta do Sol.

A narración oral tamén ten o seu oco co Festival Atlántica, da man de Inequivocamente, de Esmeralda Folgado e Antonio Fontinhas, o 3 de xullo, ás 21.00 horas, na Punta do Castro, en Castiñeiras, así como O que non está escrito, de Carmen Conde, o 4 de xullo, ás 21.00 horas, no lavadoiro de Penisqueira, en Couso-Aguiño.

No que respecta á arte, amosaranse no centro cultural Lustes Rivas as exposicións Retrospectiva, de Eduardo Hermo, do 8 ao 27 de xullo; Mulleres, de Jontxu Argibay, do 30 de xullo ao 29 de agosto; e a colectiva Xuntos pola arte, do Colectivo Donostia, do 11 de setembro ao 3 de outubro.

Outras citas son Ribeira con Orgullo, do 26 de xuño ao 5 de xullo; a Festa de Bandourrío, 26 e 27 de xuño, todo o día; a feira de oportunidades Viamare Stock (7, 8 e 9 de agosto, no Paseo do Malecón); a quinta edición da feira Xiradiscos (o 8 de agosto, todo o día, na Praza da Porta do Sol); a Feira Artesanal e Mariñeira Artemar (do 13 ao 16 de agosto); e a Ruada do Traxe Tradicional de Aires da Dorna (o 12 de setembro, con saída da carpa municipal ás 19.00 horas).

Tracking Pixel Contents