Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ESCAPADAS CON ENCANTO 2026

Lousame convida a redescubrir as Minas de San Finx

É un dos grandes atractivos dun concello con abondoso patrimonio cultural e paisaxístico

O Museo das Minas ofrece visitas guiadas polo antigo poboado mineiro. | CEDIDA

O Museo das Minas ofrece visitas guiadas polo antigo poboado mineiro. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Lousame

Lousame é un destino ideal para quen busca natureza, patrimonio e tranquilidade. Situado no interior da comarca de Noia, o concello agocha lugares singulares que permiten descubrir unha Galicia diferente, marcada pola riqueza da súa paisaxe e pola pegada da súa historia.

Un dos seus principais atractivos son as Minas de San Finx, un dos complexos mineiros máis importantes de Galicia. O Museo das Minas ofrece visitas guiadas polo antigo poboado mineiro, onde os visitantes poden percorrer talleres, a sala de compresores ou o coñecido como cuartel vello. O percorrido permite coñecer a historia da explotación do volframio e da casiterita desde a chegada dos empresarios ingleses a finais do século XIX ata o cesamento da actividade mineira no século XX.

Escapadas con Encanto 2026

Escapadas con Encanto 2026

Escapadas con Encanto 2026

A contorna das minas, declarada Lugar de Interese Xeolóxico, constitúe ademais un espazo de gran valor ambiental que combina patrimonio industrial e natureza nun mesmo escenario.

Lousame destaca tamén pola súa ampla rede de rutas de sendeirismo. Entre elas figura a Ruta das Minas de San Finx, que percorre corredoiras, aldeas e paisaxes rurais vencelladas á actividade mineira. A Ruta da Muralla, de dificultade media e máis de catorce quilómetros de percorrido, permite descubrir algúns dos espazos naturais máis representativos do municipio.

Outro dos itinerarios máis destacados é o da cunca do río Vilacoba e San Xusto, un percorrido que segue o curso dun dos ríos máis importantes de Lousame a través de bosques autóctonos, fervenzas e paraxes de gran beleza paisaxística.

A oferta complétase cun rico patrimonio arqueolóxico e numerosas mostras de arquitectura relixiosa, popular e civil.

Tracking Pixel Contents