RECEPCIÓN
Barbanza Arousa ofrece gastronomía, patrimonio e mar aos peregrinos de El Camino a Vela
A comitiva chegará mañá a Santiago tras completar a Ruta Mar de Arousa e Río Ulla

Peregrinos que participan no Camiño a Vela no porto da Pobra do Caramiñal. / Cedida
A Mancomunidade Barbanza Arousa deu a benvida aos peregrinos da travesía El Camino a Vela que, un ano máis, percorrerán a Ruta Mar de Arousa Río Ulla. Foron recibidos na Pobra do Caramiñal polo alcalde e presidente do ente mancomunado, José Carlos Vidal; a xerente da entidade, Fátima Cachafeiro; concelleiras e representantes de Northmarinas.
Os peregrinos, na súa maioría procedentes de Francia, gozaron dunha visita guiada pola vila, co obxectivo de que "coñezan o territorio e se convirtan en prescritores" manifestou Fátima Cachafeiro.

O alcalde da Pobra, terceiro esquerda, presidiu o acto de recepción aos peregrinos. / Cedida
Despois tivo lugar a recepción institucional e posterior cea con produtos de Barbanza Arousa, poñendo en valor os produtos frescos e en conserva, maridados con viños da IXP Terras do Barbanza e Iria. O acto tivo lugar no restaurante Sisal, distinguido co Sicted.
A travesía El Camino a Vela realízase en grupo para dar a coñecer a experiencia da navegación sustentable na costa norte da península, amosar as características, cultura e gastronomía de cada localidade na que recala, e atraer navegantes nacionais e internacionais, promovendo un modo diferente de facer o Camiño de Santiago.
Plataforma dixital BluePath
Nesta edición o leitmotiv son as profesións azuis, co fin de dar a coñecer ás novas xeracións as oportunidades que ofrece o mar a través da plataforma dixital BluePath https://thebluepath.app/. A comitiva partiu o 9 de xuño de Hondarribia (Guipúzkoa) e chegará a Santiago de Compostela mañá.
A súa estancia en Barbanza Arousa correspóndese cunha das etapas finais desta peregrinación xacobea, que está permitindo aos seus participantes coñecer de primeira man parte do patrimonio, a cultura e a gastronomía do destino.
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Avalancha de solicitudes para ayudas a la vivienda con 410 pisos en ciernes en la comarca: 'É o máis importante da miña vida
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- Vuelve el calor veraniego a Galicia: los termómetros superarán los 30 grados este fin de semana