PUBLICACIÓN
Boiro homenaxea aos negocios senlleiros nas páxinas de 'Folía'
A revista publícase cada ano con motivo das Festas do Verán

O alcalde, no centro en primeira fila, na presentación da revista 'Folía'. / Cedida
O Concello de Boiro publica unha nova edición da revista Folía, que na edición de 2026 rende homenaxe aos negocios senlleiros que levan xeracións formando parte do tecido económico boirense.
"Son os negocios que permanecen durante anos nunha vila os que se acaban por converter en parte fundamental da vida social dun pobo", subliñan dende o goberno local.
Do 3 ao 8 de xullo
A revista, que se publica cada ano con motivo das Festas do Verán, que este ano se celebrarán do 3 ao 8 de xullo, foi presentada polo alcalde, José Ramón Romero; a concelleira de Cultura, María Outeiral; e o técnico de Cultura, Alberto García.
"Esta revista recolle moito máis que o programa das festas, pois tamén garda parte da nosa historia", afirmou o rexedor. As páxinas de Folía, engadiu, "contan con artigos de opinión, información comercial, o programa detallado de actividades de cada día e tamén información do colectivo homenaxeado".
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Así será el nuevo edificio que transformará esta zona de Santiago: 18 viviendas, locales comerciales y una fachada acristalada
- El 40% de las comunidades de vecinos gallegas registró solicitudes para prohibir los pisos turísticos
- El arzobispo de Santiago nombra a Roberto Martínez Díaz nuevo rector del Seminario Menor
- Media Galicia en alerta roja por calor mientras en este rincón sacan el paraguas: van más de 14 litros de lluvia acumulada este sábado
- Muere Manuel Lata Montoiro, fundador de la distribuidora industrial Comercial M. Lata de Santiago
- Últimas semanas para disfrutar de este parque acuático a dos horas de Santiago: 17 toboganes y una piscina panorámica para escapar del calor
- Las colas para entrar a la Catedral de Santiago llegan hasta el Casino: "Llevamos dos horas esperando"