Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Barbanza dispón xa dunha ambulancia medicalizada, ao servizo dunha poboación de máis de 75.000 habitantes

Estará operativa as 24 horas do día, cun equipo formado por un profesional médico, un de enfermería e un técnico en emerxencias sanitarias

Antonio Gómez Caamaño e María Sampedro observando o equipamento da ambulancia medicalizada.

Antonio Gómez Caamaño e María Sampedro observando o equipamento da ambulancia medicalizada. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, resaltou que a nova ambulancia medicalizada do Barbanza posta en marcha este mércores (a primeira da que dispón esta comarca) permitirá mellorar a atención sanitaria urxente para máis de 75.000 habitantes de Ribeira, Rianxo, Boiro, A Pobra e O Porto do Son.

O conselleiro asistiu á entrega da ambulancia no hospital comarcal do Barbanza, en Ribeira, no que inicialmente terá a súa base.

No acto tamén participaron o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, Román Gómez; o director xeral de Atención Primaria e Comunitaria do Servizo Galego de Saúde, Salvador Mariño-Ageitos; o xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio; e a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro.

Gómez Caamaño informou que a ambulancia medicalizada estará operativa as 24 horas do día, e que está dotada con equipamento avanzado e cun equipo formado por un profesional médico, un de enfermería e un técnico en emerxencias sanitarias.

Tal e como detallou o conselleiro de Sanidade, este novo recurso xustifícase tanto polo volume de poboación como polo incremento sostido da actividade asistencial que se rexistra na comarca, onde, ademais, se concentran varios polígonos industriais.

Só en 2024 o 061 realizou preto de 7.000 asistencias en Barbanza e atendeu máis de 8.500 pacientes, dos cales máis da metade precisaron traslado hospitalario.

A isto engádese, como sinalou Gómez Caamaño, que o hospital do Barbanza efectuou máis de 1.700 traslados secundarios ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, dos cales case o 40% precisaron unha ambulancia medicalizada.

Á vista destes datos, a Xunta comprometérase co Concello de Ribeira, co persoal do hospital comarcal e cos colectivos empresariais da zona a poñer en servizo este ano a nova ambulancia medicalizada.

O conselleiro de Sanidade lembrou que o Goberno galego segue a aumentar nos últimos anos, de forma progresiva, a rede de ambulancias do 061 e mencionou como exemplo as ambulancias de soporte vital avanzado de enfermería con base en Lalín e en Moaña.

Tracking Pixel Contents