Rianxo licita a renovación de 500 luminarias en varias rúas da vila e a dixitalización do sistema de control
A actuación que se levará a cabo cunha axuda estatal de 547.364 € permitirá acadar un aforro anual de 50.000 euros

Julián Bustelo, coa certificación da axuda estatal para o proxecto. / Cedida
O Concello de Rianxo sacou este mércores a licitación o que, segundo o alcalde, Julián Bustelo, é "un dos proxectos máis importantes da presente lexislatura, tanto polo investimento que supón como polas súas consecuencias".
Hai uns meses, Rianxo foi un dos 68 municipios de toda España adxudicatarios dunha importante subvención no marco da segunda convocatoria do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de alumeado exterior municipal do IDAE, depente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
A axuda da que resultou beneficiario o Concello rianxeiro, e que ascende a 547.364 €, permitirá levar a cabo o proxecto de renovación completa do sistema de iluminación da vila.
Intervirase en diferentes rúas, renovando os sistemas de control e seguimento cunha clara aposta pola dixitalización, e renovaranse en torno a 500 luminarias, cambiándoas por unhas máis eficientes dotadas de tecnoloxía led.
Ademais dunha importante mellora na iluminación da vila, agárdase que coa execución deste importante proxecto se acade un aforro aproximado de 50.000 € ao ano para as arcas municipais.
- Detenido un lucense tras atropellar intencionadamente a un vecino de Bertamiráns que falleció horas después
- La política gallega, 'cerrada por vacaciones': de la ruta en moto por Portugal de Rueda a los días de Pontón en A Illa de Arousa y de Besteiro en A Mariña
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Detenidos los miembros de una banda que robaba a personas mayores en aparcamientos de Ames con el método de 'la siembra
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- La Guardia Civil investiga como asesinato el atropello intencionado de Bertamiráns al apreciar indicios de alevosía
- Retorno a las raíces para desconectar de Raxoi