Treixadura, The Rapants, 9Louro... estas son as 15 bandas e artistas que animarán o Gran Prix das Carrilanas de Esteiro
A emblemática festa turística de Muros celebrarase do 17 ao 19 de xullo
O Festival Castelo Rock encherá tamén a vila de música do 6 ao 8 de agosto con doce concertos

María Lago, segunda pola esquerda, e Caridad González, asinando os convenios cos organizadores do Gran Prix das Carrilanas e do Festival Castelo Rock. / Cedida
A alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Cultura, Caridad González, asinaron os convenios de colaboración cos organizadores do Gran Prix das Carrilanas de Esteiro e do Festival Castelo Rock, dúas das citas máis destacadas do verán no municipio.
“Desde o Concello de Muros amosamos o noso compromiso con estes dous eventos, que non só funcionan como espazos masivos de ocio, senón que tamén promoven a nosa cultura, a lingua, a música en galego e tradicións populares como as carrilanas, que forman parte da identidade de Muros”, dixo a rexedora.
“No caso do Castelo Rock, o seu novo formato contribúe ademais a revitalizar a zona do mercado, unha prioridade para o Goberno local, e as carrilanas colocan Muros no mapa como Festa de Interese Turístico”, engadiu.

Cartel do XXXVI Gran Prix das Carrilanas de Esteiro. / Cedida
Pola súa banda, Caridad González, destacou que “milleiros de persoas acudirán tanto ao Gran Prix das Carrilanas de Esteiro como ao Castelo Rock, polo que é unha satisfacción apoiar estas celebracións”.
O XXXVI Gran Prix das Carrilanas de Esteiro celebrarase do 17 ao 19 de xullo, e inclúe un festival de música con entrada de balde, pero con acceso prioritario para os socios da entidade organizadora. Actuarán The Rapants, Baiuca, 9Louro, Treixadura, De Ninghures, Familia Caamagno, Alddara, Xián Pais, Mekánika Rolling Band, Orsquestra Neverloura e os DJ's Señora DJ, Kike Varela, Duendeneta Dilleis e Moe.

Cartel do Festival Castelo Rock. / Cedida
En canto ao Festival Castelo Rock, será os días 6, 7 e 8 de agosto, unha vez máis cun completo cartel de concertos e actividades na rúa.
Actuarán a rapeira viguesa Nadie González, Tete de la Course, Saraiba, Xianpais, o grupo madrileño Parquesur, a banda británica de punk rock e indie alternativo Kid Kapichi, Big Special, Law, Martin Human, a orquestra Bravú Xangai, True Mountains e Viva Belgrado.
- Media Galicia en alerta roja por calor mientras en este rincón sacan el paraguas: van más de 14 litros de lluvia acumulada este sábado
- Muere Manuel Lata Montoiro, fundador de la distribuidora industrial Comercial M. Lata de Santiago
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- 30 años sin María José Arcos: salió de Santiago para pasar el día en la playa y nunca regresó
- Así será el nuevo edificio que transformará esta zona de Santiago: 18 viviendas, locales comerciales y una fachada acristalada
- Últimas semanas para disfrutar de este parque acuático a dos horas de Santiago: 17 toboganes y una piscina panorámica para escapar del calor
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Las colas para entrar a la Catedral de Santiago llegan hasta el Casino: "Llevamos dos horas esperando"