Acordo unánime en Rianxo para aprobar a Relación de Postos de Traballo
"O noso é un dos poucos concellos do país que non conta con este documento", destaca o alcalde, Julián Bustelo

Julián Bustelo, dereita, cos representantes sindicais e dos traballadores. / Cedida
A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Rianxo vén de aprobar por unanimidade a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT), unha ferramenta clave para ordenar e definir postos, funcións, responsabilidades e adaptar a organización municipal á realidade actual.
"O Concello de Rianxo é un dos poucos do país que non conta con este documento, mais despois de moitos anos agardando isto por fin vai mudar", destaca o alcalde, Julián Bustelo.
"Damos un paso adiante fundamental. Esta proposta chega ao pleno porque houbo vontade política para desbloquear o proceso, predisposición ao diálogo por parte do Goberno local e unha participación construtiva da representación sindical. Cando hai vontade, traballo e acordo, os asuntos que levan anos pendentes poden avanzar", engade o rexedor.
Dende o PSOE, o seu portavoz municipal, Óscar Rial, fai unha valoración "prudente" sobre este acordo, "pois aínda non tivemos acceso á documentación definitiva".
Segundo o edil socialista, "todo apunta a que se produce un avance importante na equiparación salarial do persoal municipal, unha demanda histórica que sempre defendemos e que consideramos un paso na boa dirección".
Rial considera ademais "de xustiza" recoñecer o traballo desenvolvido durante os últimos anos. "Este proceso non comeza nin remata nesta lexislatura. A Corporación anterior, o anterior comité de empresa e os distintos actores implicados realizaron un importante labor para que hoxe se poida culminar este paso", explica.
Ademais, Rial engade que "o actual alcalde mantivo unha actitude proactiva para favorecer o desenvolvemento deste proceso, e ese traballo institucional tamén merece ser recoñecido".
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- Éxito rotundo: la práctica totalidad de las 34 viviendas subastadas en Palmeira ya tienen dueño
- De Mazaricos a Trazo, Touro o Santa Comba: Galicia ya tiene 68 municipios con más vacas que vecinos
- Radiografía del lujo en Santiago: una veintena de viviendas a la venta por más de un millón de euros
- Boqueixón vende ya el equivalente a 850 bañeras de agua al día a Touro para asegurar la traída de centenares de vecinos
- El Monbus Obradoiro ata a Leo Meindl como primer fichaje para su regreso a la ACB
- Ames presenta el cartel de las fiestas de Bertamiráns y Milladoiro