José Ramón Romero: "Boiro ten un tecido asociativo envexable"
O alcalde destaca a forte implicación dos colectivos locais no programa das festas do verán
O cantante Jorge Goes rendeulle tributo este sábado a Julio Iglesias

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero. / Cedida
As festas do verán de Boiro avanzan coa meteoroloxía a favor. As rúas da vila están máis concurridas que nunca; atopar mesa libre nos locais de hostalería é case cuestión de sorte, e todas as actividades incluídas no programa están tendo unha excelente acollida.
Tamén o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, busca ocos na súa axenda para gozar das festas. "Para min as festas de Boiro sempre foron unhas datas moi especiais, nas que xuntarse coa familia e cos amigos e reencontrarse con persoas que durante o resto do ano non viven en Boiro e veñen para pasar estes días", sinala.
Con todo, recoñece que "dende que son alcalde vívoas de xeito distinto, porque a organización dun evento tan grande como estas festas implica moita responsabilidade e debemos coidar que todo saia ben e que non haxa incidencias".
Os festexos contan coa importante implicación de moitos colectivos locais. "Boiro ten un tecido asociativo envexable; eles son parte fundamental da dinamización do pobo durante todo o ano, e por iso tamén teñen un papel importante no programa das festas do verán", explica Romero.
Cada ano, o Concello homenaxea un colectivo da vila para a lectura do pregón. Este ano os protagonistas foron representantes de comercios tradicionais.
"Boiro é o que é grazas a persoas como estes empresarios e emprendedores que levan anos promovendo negocios locais e de proximidade. O comercio é o que dá vida a un pobo", di o rexedor.
Na noite deste sábado a Praza de Galicia acolleu a actuación do artista Jorge Goes, que fixo un tributo musical a Julio Iglesias.

Actuación de Jorge Goes no Tributo a Julio Iglesias, que tivo lugar este sábado en Boiro. / Cedida
O plato forte da xornada deste domingo será o gran espectáculo piromusical na praia de Barraña; a verbena estará amenizada polas orquestras La Oca Band e La Banda de Ayer (na Praza de Galicia) e Balbina, coa Banda de Música de Boiro (na praza do centro social).
Este luns 6, ao mediodía serán os Cantos de Taberna, con As da Boina e Mar de Cabo, e Peñas Boiro celebrará o Día das Peñas no Parque da Cachada. E, pola noite, Gramola Gominola actuará na praza do centro social, e as orquestras Gran Parada e Origen na Praza de Galicia.
O martes día 7 volverán ao mediodía os Cantos de Taberna con A Dorniña e Xoaniñas, e haberá pasarrúas de Treboada. Pola noite serán as orquestras Marbella e París de Noia as que protagonicen a verbena na Praza de Galicia, e Melidaos e Lumieira na Praza da Terceira Idade.
O mércores 8 os Cantos de Taberna correrán a cargo de Nunca é tarde e Ventos do mar, e a sesión vermú na rúa peonil estará amenizada por Duendeneta. Pola noite haberá un gran fin de festa con 9Louro na Praza da Mancomunidade; e verbena coas orquestras Panorama, América e Satélites na Praza de Galicia.
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- Éxito rotundo: la práctica totalidad de las 34 viviendas subastadas en Palmeira ya tienen dueño
- De Mazaricos a Trazo, Touro o Santa Comba: Galicia ya tiene 68 municipios con más vacas que vecinos
- Radiografía del lujo en Santiago: una veintena de viviendas a la venta por más de un millón de euros
- Boqueixón vende ya el equivalente a 850 bañeras de agua al día a Touro para asegurar la traída de centenares de vecinos
- El Monbus Obradoiro ata a Leo Meindl como primer fichaje para su regreso a la ACB
- Ames presenta el cartel de las fiestas de Bertamiráns y Milladoiro